spot_img
InicioVal MiñorNigránZona Franca investirá máis de seis millóns de euros na construcción de...

Zona Franca investirá máis de seis millóns de euros na construcción de 14 naves no polígono de Porto do Molle

Juan González e David Regades

O Concello de Nigrán outorga licenza a Zona Franca para ampliar Porto do Molle con 14 naves de talleres e oficinas, un novo complexo, baseado nunha repetición dun módulo con moi pequenas variacións e que ocupará dúas parcelas de 10.710 metros cadrados, situadas fronte ao Centro de Negocios

O Alcalde de Nigrán notificou esta mañá ao Delegado da Zona Franca, David Regades que o concello acaba de aprobar a concesión de licenza de obra ás novas naves coas que Zona Franca quere responder á crecente demanda de instalación das pemes no parque empresarial de Porto do Molle. Unha actuación na que Zona Franca investirá máis de seis millóns de euros e que espera poder comezar leste mesmo outono unha vez resolvido o pertinente concurso público de obra que, sen perder un minuto, Regades levará a aprobación á reunión do Comité Executivo deste mes de maio.

As novas construcións, de deseño innovador e afastado da estética da industria tradicional levantaranse sobre dúas parcelas situadas fronte ao Centro de Negocios e combinarán o espazo de 14 naves, con 28 talleres e 14 oficinas que se poderán alugar conxunta ou separadamente. Terán uns tamaños que oscilarán entre os 300 e os 500 m2 e deseñáronse coa flexibilidade de agrupar varios módulos para responder ás diferentes necesidades empresariais. “É un gran proxecto co que daremos facilidades a pequenas e medianas empresas que non queiran acometer un gran investimento para o inicio da súa actividade” declarou Regades que tamén fixo público que estas naves comercializaranse en réxime de aluguer a prezos axustados a estes tempos de crises.

Desde hai tempo, o Consorcio non ten dispoñible neste parque ningunha nave en aluguer para actividades industriais ou de almacenamento. A obra sairá agora a concurso público cun prezo de execución de 6.300.000€ e un prazo de execución de 18 meses. “Coa construción destas naves continuamos coa estratexia de investimento de Zona Franca para a reactivación duns dos sectores tractores da nosa economía como é o sector da construción” dixo Regades quen engadiu que “non só trátase de construír senón de realizar edificios emblemáticos que sexan a mellor carta de presentación para as nosas empresas axustada a todos os parámetros de adecuación e integración ambiental”.

Zona Franca investirá máis de seis millóns de euros na construcción de 14 naves no polígono de Porto do Molle

O proxecto do arquitecto Pablo Menéndez propón levantar un conxunto de construcións industriais cuxo deseño non só responde a criterios técnicos e funcionais, se non que conforma un “complexo ou centro industrial” nunha contorna luminosa, optimista e atractivo o que achegará un valor engadido ás empresas usuarias e os seus visitantes.

A obra tamén contempla o obxectivo “ INDUSTRY ZERO PROJECT” que pretende realizar as edificacións industriais con niveis mínimos de emisión de CO2. Así, dentro da Acción polo clima a Directiva 2012/27/UE este deseño exponse co triplo obxectivo “20-20-20”, que de forma regulatoria pretende: 20% Redución consumo enerxético; 20% Redución emisións de gases efecto invernadoiro e 20% de contribución de enerxías renovables. Como resultado espérase conseguir a máxima cualificación enerxética tipo “A”, cando por cumprimento de CTE para a industria sería suficiente letra “ B”. Esta cualificación, ademais de ser boa para o planeta pola redución considerable de emisións e gases efecto invernadoiro, tamén supoñerá un aforro para os ocupantes destes edificios industriais que debido ao aproveitamento das medidas pasivas e o rendemento e achega das enerxías renovables poderán reducir as súas facturas de enerxía nun 50%.

- Publicidade -spot_img