spot_img
InicioVigo e áreaVigoZona Franca de Vigo presentou as 25 empresas mellor posicionadas na Clasificación...

Zona Franca de Vigo presentou as 25 empresas mellor posicionadas na Clasificación Ardán de Empresas Intelixentes de Galicia deste ano

Zona Franca de Vigo presentou as 25 empresas mellor posicionadas na Clasificación Ardán de Empresas Intelixentes de Galicia deste anoDavid Regades presentou a lista das 25 compañías que son o máis selecto do tecido empresarial, ao combinar o beneficio cun crecemento sostible e inclusivo

Revista COUSAS DE nº14

 

 

O Consorcio da Zona Franca de Vigo presentou a Clasificación Ardán de Empresas Intelixentes de Galicia deste ano, coas 25 empresas mellor posicionadas e que son o máis selecto do tecido empresarial. O delegado do Estado, David Regades; estivo acompañado polo coordinador do estudo, o catedrático da Universidade de Vigo Xosé H. Vázquez; a coordinadora da Cátedra Ardán, Belén Fernández-Feijóo; a responsable de Ardán, Susana Lama; así como dous representantes de empresas que ocupan posicións de liderado na clasificación: Xavier Castaño García, socio de Igalia; e Gabriel Gómez Celaya, director xeral de Marine Instruments. A clasificación encabézao a viguesa Hermasa.

Zona Franca busca difundir a marca de “empresa intelixente” para que cada ano haxa máis compañías galegas na clasificación de Ardán

David Regades asegurou que “a nosa intención é difundir a marca de “empresa intelixente” no armazón produtivo galego, porque queremos que cada ano haxa máis empresas participando e mostrando que a xestión require dunha visión e un propósito que se sustenta nas preocupacións económico-financeiras, pero que tamén alcanza a outros valores relacionados coa xustiza social ou o coidado do medioambiente”.

O delegado do Estado explicou na súa presentación que “o interese constante do Consorcio por xerar coñecemento sobre o desempeño empresarial levounos fai xa cinco anos a abordar este estudo” e concluíu “síntome moi orgulloso de apostar por un estudo, cuxa metodoloxía e enfoque foi novo nos seus inicios e supuxo unha anticipación ao que agora é unha das correntes máis importantes no campo da xestión empresarial”.

O catedrático da Universidade de Vigo Xosé H. Vázquez, sinalou que “o perfil dominante de empresa intelixente en Galicia é o dunha organización intensiva en coñecemento e, particularmente, vinculada ás tecnoloxías da información e comunicación. Outros perfís presentes son os asociados ao coidado do medioambiente e/o de tecnoloxía media/baixa, pero con modelos de negocio en forte crecemento, onde a innovación e a apertura a novos mercados marca a diferenza entre o novo e o tradicional”.

Xavier Castaño, socio de Igalia, consultoría especializada en software libre, explicou que “somos unha empresa moi especializada e necesitamos persoal altamente cualificado”, ademais de precisar que “temos unha estrutura de organización asemblearia, funcionamos como unha cooperativa”.

Gabriel Gómez Celaya, director xeral de Marine Instruments, lembrou que a compañía de boias satelitales xa encabezou a primeira clasificación de empresas intelixentes. Destacou “a aposta de Marine Instruments pola innovación e pola captación de talento, aspecto no que competimos con todo o planeta”.

Ardán denomina “Empresas intelixentes” ás compañías que mellor combinan a súa capacidade de negocio coa de xerar no futuro un crecemento económico sostible e inclusivo.

O estudo susténtase en datos obxectivos, non en opinións. A selección inicial de empresas candidatas a participar na clasificación está conformada polas 1.200 empresas galegas que presentan un maior valor engadido bruto por empregado sostido nos último 5 exercicios. Sobre conxunto de empresas, sobresalientes no operacional, analízanse sete variables: rendibilidade financeira, investimento en I+D+i, índice de internacionalización, equilibrio de xénero, salarios medios, estabilidade no emprego e produtividade do carbono.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.