spot_img
InicioVigo e áreaVigoZona Franca de Vigo lanza CulturaExterior, a aceleradora para que as empresas...

Zona Franca de Vigo lanza CulturaExterior, a aceleradora para que as empresas do sector cultural accedan a novos mercados

Porto do Molle é centro piloto no programa europeo de reutilización de augas domésticas como fertilizantes agrícolasAs 15 empresas participantes desenvolverán o seu plan de internacionalización, obterán unha guía das principais feiras internacionais e misións comerciais de interese e un roadmap personalizado das axudas dispoñibles

O Consorcio da Zona Franca de Vigo, na súa aposta pola internacionalización, lanza a aceleradora CulturaExterior, un novo programa formativo e de capacitación para que as empresas galegas do sector cultural e creativo accedan a novos mercados. Desde editoriais ata empresas de produción ou distribución artística e musical, artes escénicas ou videoxogos; todas elas poderán desenvolver o seu plan de internacionalización. CulturaExterior tamén está aberta a empresas de comunicación, publicidade e eventos, entre outras.

O programa pretende reducir os tempos e aumentar as posibilidades de éxito no proceso de internacionalización. Para iso, un equipo de expertos, especializado no sector cultural e creativo, ofrecerá asesoramento personalizado ás 15 pemes seleccionadas durante un período de 3 meses. Ademais, as empresas participantes en CulturaExterior obterán unha guía das principais feiras e misións comerciais de interese, así como un roadmap personalizado das axudas ás que poden optar para alcanzar novos mercados.

O enfoque da aceleradora CulturaExterior será de carácter práctico e permitirá fomentar o networking con outras empresas do sector. O programa formativo desenvolverase en horario de tarde un día á semana desde principios de febreiro ata abril.

Poderán participar, sen ningún tipo de custo, as pequenas e medianas empresas do sector cultural e creativo que teñan interese en acceder a novos mercados internacionais, con independencia da súa experiencia en comercio exterior. O programa formativo adaptarase ás necesidades de cada participante mediante titorías personalizadas.

As empresas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 20 de xaneiro.

A internacionalización, unha das prioridades do CZFV

CulturaExterior nace da aposta firme do Consorcio da Zona Franca de Vigo pola internacionalización das empresas galegas e tras o éxito das dúas primeiras edicións de ViaExterior. Neste caso, a aceleradora multi-sectorial para a internacionalización posibilitou que os seus participantes logren abrir novas sedes fóra das nosas fronteiras” dixo David Regades quen engadiu que “tras o seu paso por ViaExterior, as empresas iniciaron novas posibilidades no continente europeo, nos países de Latinoamérica e mesmo en Asia e en África.” Por outra banda, algunhas destas pemes estableceron un marco de colaboración para poñer en marcha novos proxectos empresariais e outras lanzaron novos produtos adaptados aos mercados internacionais.

- Publicidade -spot_img