spot_img
InicioVal MiñorNigránZona Franca adquire unha obra mural da artista Lourdes Alonso do Centro...

Zona Franca adquire unha obra mural da artista Lourdes Alonso do Centro Juan María para as súas instalacións de Porto de Molle

zona-franca-adquire-unha-obra-mural-da-artista-lourdes-alonso-do-centro-juan-maria-para-as-suas-instalacions-de-porto-de-molle

A artista Lourdes Alonso, usuaria do Centro Juan María de Nigrán, fixo entrega esta mañá en Porto do Molle dunha obra na que plasma a súa particular visión, con elementos primaverais, do Centro de Negocios do parque empresarial. Durante presentación do cadro, a  pintora estivo arropada polo alcalde de Nigrán, Juan González, a delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, e o presidente do Centro Juan María, José Santoro, así como o equipo de Reporteiros en Rede, entre outras persoas.

O lenzo, de grandes dimensións, preside unha sala de esparexemento no primeiro andar do edificio

Lourdes, de 37 anos e veciña de Nigrán, amosou o seu agradecemento polo encargo da obra, un reto no que traballou durante seis meses dadas as amplas dimensións do lenzo, de 3 metros de ancho por 1,60 metros de alto, e que agora preside unha sala de ocio no primeiro andar do edificio. Da súa obra, Lourdes destacou que elixira cores alegres e flores que representan a primavera no parque empresarial de Porto do Molle.

A Delegada, Teresa Pedrosa, agradeceu o traballo realizado e dixo que “esa alusión á primavera vai servir para que os emprendedores que comezan en Porto do Molle a andaina dos seus negocios pensen que tamén en Nigrán van ver florecer as súas empresas”.

O presidente do Juan María, José Santoro, agradeceu a colaboración do Consorcio co Centro e fixo público o seu desexo de que este sexa o inicio doutra serie de encargos ás persoas que traballan nos seus talleres ocupacionais.

Pola súa banda, o alcalde de Nigrán, Juan González, dixo que se para Nigrán é un orgullo albergar ao parque empresarial tamén o é ter un centro como o Juan María ao que nunca poderán agradecer todo o traballo que realizan tanto os seus educadores como os alumnos e as súas familias. “Ver este cadro cheo de enerxía colocado aquí, no Centro de Negocios, vai dar ánimos a todos” declaro o Alcalde quen lembrou que “Lourdes aínda ten pendente facer unha obra para o Concello de Nigrán e destacou que a artista xa realizou unha exposición itinerante sobre diferentes espazos da localidade dende a súa propia perspectiva.

O acto de entrega deste mural tamén foi gravado por participantes do taller de comunicación audiovisual do Juan María.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.