spot_img
InicioVal MiñorBaionaZigor Iturrieta participará no Trail Serra da Groba 2015 e dará unha...

Zigor Iturrieta participará no Trail Serra da Groba 2015 e dará unha conferencia sobre a súa experiencia no mundo do Trail

Zigor-Iturrieta-participará-Trail-Serra-da-Groba-2015-dará-unha-conferencia-sobre-súa-experiencia-mundo-TrailA Concellería de Deportes do Concello de Baiona, organiza o III Trail Trans Serra dá Groba – Baiona 2015, que se celebrará con saída e meta no pavillón Municipal o día 7 de novembro e que este ano conta coa participación de Zigor Iturrieta

 

O trail runner vizcaíno conta cunha dilatada traxectoria deportiva, sendo escalador durante dez anos e participado en diversas probas de dúatlon e tríatlon.

A partir de 2.008, comeza a súa participación nas carreiras de montaña logrando en 2.010, o terceiro posto no Ultra Trail du Mont Blanc.

En 2011 proclámase vencedor na Transgrancanaria, Trail du Sancy e G2H.

Queda cuarto en Lavaredo Ultra Trail en 2.012 e segundo en Geres Trail 2.014.

Será en xullo do 2014 cando de maneira autoasistida, atravese os Pireneos en 10 días pola ruta GR11, “a transpirenaica”. O reto consiste en atravesar os Pireneos, partindo desde o mar Mediterráneo, Cap de Creus (Cataluña) e finalizando no Cantábrico, Cabo de Higuer, no País Vasco. O proxecto constitúe un reto persoal, non hai competición, sen colaboradores externos, levando o imprescindible, a distancia para cubrir máis de 800 kms!.

Nese mesmo ano participa ademais na moi dura Everest Trail Race, carreira a pé por etapas, sobre unha distancia aproximada de 160 Kms. e un desnivel acumulado positivo e negativo maior de 29.000 m. que transcorre no corazón do Himalaya Nepalí, onde acaba terceiro, nunha proba con desniveis imposibles e pelexando ademais co “mal de altura” na que Zigor considerou “unha das carreiras máis duras que corrín nunca”.

Compaxinando todo isto coa súa profesión de cociñeiro, discípulo avantaxado de mestres como Martín Berasategui e Zigor-Iturrieta-participará-Trail-Serra-da-Groba-2015-dará-unha-conferencia-sobre-súa-experiencia-mundo-TrailMichel Guerard, entre outros, na actualidade conduce un programa de cociña na ETB.

Zigor Iturrieta obsequiaranos, o venres 06 de Novembro, cunha charla no salón de actos do Colexio Público Covaterreña, próximo ao Pavillón Municipal de Deportes, inmediamente despois da charla técnica, a partir das 19:30, onde nos transmitirá as súas experiencias, vivencias e como non, os seus consellos e inquietudes neste universo que nos apaixona tanto e a tantos, como son as carreiras de montaña.

subida a grobaExistirán tres tipos de proba:
TRAIL: Modalidade competitiva cunha distancia aproximada de 55,00 kms.
Desnivel positivo aproximado de 2.550 metros e desnivel acumulado de 5.100 mts.
Dificultade física: alta.
Dificultade técnica: alta
7 Avituallamientos + avituallamiento de meta e un tempo máximo para completala de 11 horas.

MINI TRAIL: Modalidade competitiva cunha distancia aproximada 25 Km.
Desnivel positivo aproximado de 1.090 mts. e desnivel acumulado de 2.180 mts.
Dificultade física: media
Dificultade técnica: media
3 Avituallamientos + avituallamiento de meta e un tempo máximo para completala de 5 horas.

ANDAINA: Modalidade non competitiva cunha distancia de aproximadamente 15 Km.
Dificultade media.

PERCORRIDO
O itinerario percorre os montes da ?Serra dá Groba? transcorrendo polos Concellos de Baiona e Oia, percorrendo as parroquias de Baiona, Baredo, Bahiña, Belesar, Mougás, Torroña e Santa Cristina da Ramallosa, por pistas forestais, carreiros tradicionais e tramos de asfalto á saída e á chegada a meta.Cada participante debe ser plenamente consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenvolverse baixo posibles condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal, debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.

Saída Maratón Serra da Groba 021113 (Copiar)
Saída Maratón Serra da Groba 021113 (Copiar)

 

- Publicidade -spot_img