Fundación Menela incorpora á sinaléctica do Centro de Saúde Val Miñor 35 pictogramas có obxectivo de mellorar a accesibilidade cognitiva en espazos sanitarios.
A inciativa enmárcase no proxecto de accesibilidade cognitiva que leva a cabo a Federación Autismo Galicia en diferentes centros sanitarios da rede do SERGAS da Comunidade Autónoma de Galicia, é pioneira na área sanitaria viguesa e arrinca en Nigrán co propósito de que se estenda a outros centros de saúde.
As persoas con TEA non so teñen maiores necesidades médicas co resto da poboación, senón que ademais presentan outras derivadas de procesos cognitivos diferentes que dificultan o acceso aos recursos sanitarios. Para dar resposta a estas necesidades nace “ Accesibilidades cognitiva e sinsibilización ao ámbito para persoas con TEA”un programa de carácter sociosanitario financiado pola Conselleria de Sanidade que ten un dobre obxetivo : implantar prácticas dirixidas á mellora da accesibilidade cognitiva en espazos sanitarios, e dotar as persoas con autismo de habilidades funcionais que permitan unha atención médica de calidade, incidindo así no coidado da súa saúde e na mellora da calidade de vida.
O centro de Día e Residencial Castro Navás (Priegue-Nigrán) do que é titular Fundación Menela, atende a 55 persoas adultas con TEA, tendo como centro sanitario de referencia o Centro de Saude Val Miñor, un recurso ao que tamén acuden outras persoas usuarias da Rede de Centros e Servizos da entidades. Por este motivo, e grazas a colaboración do propio centro de saúde, Fundación Menela incorpora Sistemas Aumentativos e Alternativos da Comunicación (SAAC) á sinaléctica do centro, un total de 35 pictogramas naqueles servizos aos que se accede: pediatria, medicina xeral, enfermería, saúde mental, odontoloxia, radiografías, extraccións, urxencias, baños e salas de espera.
“A elección da Xunqueira como punto de partida desta campaña responde a que é o centro de referencia ao que acoden os usuarios do centro de día e residencial Castro Navás que xestiona en Nigrán a Fundación Menela”, explicou o director da fundación, Cipriano Jiménez
Os TEA son trastornos de gran complexidade que afectan ao desenvolvemento e funcionamento cerebral, especialmente nos aspectos mais directamente relacionados có procesamento da información que procede de estímulos sociais. As persoas con TEA son excelentes pensadores visuais, é dicir, perciben, comprenden, asimilan e reteñen mellor a información que se lles presenta de forma visual. Esta forma de representar a información de xeito concreto, visual e permanente axústase as características especificas do pensamento dunha persoa con autismo. Deste modo o uso de apoios visuais convértese nuhna estratexia básica e fundamental tanto no proceso de aprendizaxe das persoas con TEA como no proceso de inclusión social. A información visual dota ao entorno dun maior significado para estas persoas, o que redunda nunha maior independencia, autonomía e autocontrol.
Con este programa Fundación Menela recoñece a importancia da accesibilidade cognitiva e defende o dereito que teñen todas as persoas con TEA para acceder recursos sanitarios e gozar dunha asistencia sanitaria de calidade
A comunicación e a linguaxe son esenciais para toda persoa, para relacionarse cos demais, aprender, gozar e para participar na sociedade. Todas as persoas, xa xesan nenos, mozos, adultos ou persoas maiores que por calquera motivo non adquirisen ou perderan un nivel de fala suficiente para comunicarse de xeito satisfactorio, poden precisar e beneficiarse dun Sistema Alternativo e Aumentativo da Comunicación.
*Fundación Menela é unha recoñecida entidade de iniciativa social sin ánimo de lucro, declarada como benéfico-asistencial e de interese galego, que dispón dunha rede de centros e servizos para a atención e tratamento de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (en diante TEA) e as suas familias, dende os primeiros anos de vida ata a idade adulta.





