spot_img
InicioVal MiñorBaionaXunta e MRCY de Baiona asinan convenio para impulsar a vela...

Xunta e MRCY de Baiona asinan convenio para impulsar a vela adaptada en Galicia

Responsables de la Xunta de Galicia y del MRCYB junto a la grúa de la Escuela de Vela Adaptada del Monte Real - Foto Rosana Calvo (Copiar)

O convenio asinado coa Secretaría Xeral para o Deporte permitirá ao club baionés consolidar e ampliar as actividades da súa Escola de Vela Adaptada para persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia e o Monte Real Club de Yates colaborarán un ano máis para impulsar a vela adaptada en Galicia. Farano grazas un convenio asinado esta entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o club baionés, no que se prevé a ampliación das actividades da súa Escola de Vela Adaptada para persoas con discapacidade.

Na actualidade, o Monte Real é o único club de Galicia que organiza iniciativas deste tipo a nivel supramunicipal e buscando a total integración dos participantes, entre os que hai persoas con todo tipo de discapacidades, tanto físicas como psicosociais, cognitivas e sensoriais. A Escola de Vela Adaptada do club é, ademais, a única do norte peninsular que funciona ao longo de todo o ano.

Por segundo ano consecutivo un grupo de alumnos do club con distintas discapacidades navegarán en igualdade de condicións no Trofeo Príncipe de Asturias que se celebra o próximo mes de setembro

Na firma do convenio, o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, destacou o feito de que algúns dos alumnos da escola vaian participar, por segundo ano consecutivo, no Trofeo Príncipe de Asturias, o que demostra, dixo, que a total integración é un dos obxectivos da Escola de Vela Adaptada do Monte Real.

Desde o club baionés, tanto o seu presidente, José Luis Álvarez, como o seu vicepresidente, Alejandro Retolaza, agradeceron o apoio da Xunta de Galicia para seguir achegando o mar ás persoas con discapacidade e permitirlle a todas aquelas que o desexen navegar en igualdade de condicións.

Así llo transmitiron ao xefe provincial do servizo de deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, presente tamén na firma do convenio. Lembráronlle, así mesmo, que o próximo 10 de setembro organizarán unha nova edición do Vertiatlón, un tríatlon solidario co que recadarán fondos para a Escola de Vela Adaptada do club.

- Publicidade -spot_img