Inicio Galicia A Xunta activa o sistema para obter a nova autorización de acceso...

A Xunta activa o sistema para obter a nova autorización de acceso ás Illas Cíes esta Semana Santa 

Parque-Nacional-Illas-Atlánticas-acada-distintivo-Carta-Europea-Turismo-Sostible-promoción-conservación-deste-patrimonio-naturalA Xunta activa o sistema para obter a nova autorización de acceso ás Illas Cíes esta Semana Santa. Para poder visitar o arquipélago, os viaxeiros deberán solicitar previamente un permiso administrativo a través da páxina web habilitada a tal fin.

Para acceder ás illas será obrigatoria a obtención do documento a través desta páxina web, accesible tamén desde dispositivos móbiles, polo que as empresas que se encargan do transporte marítimo ás illas só poderán emitir billetes a aqueles pasaxeiros que dispoñan da preceptiva autorización de acceso para ese día concreto.

Persoal da Dirección Xeral de Patrimonio Natural exercerá a función de controladores-informadores nos portos de saída cara a Cíes: Vigo, Baiona e Cangas. Haberá un en cada porto e estarán identificados con chalecos de cor laranxa. Estes efectivos contarán con dispositivos de lectura dos códigos QR para comprobar a validez das autorizacións e disporán dun expositor próximo aos despachos de billetes no que haberá folletos informativos a disposición dos viaxeiros, explicando as novidades introducidas para poder acceder ás illas.

A finalidade desta nova figura de controlador, que se manterá de forma continuada entre o 19 de marzo e o 2 de abril, será evitar que embarquen cara á illa visitantes sen a correspondente autorización administrativa e no caso de que detecten algunha persoa que queira viaxar ás Cíes e non dispoña da mesma, informaralles da súa obrigatoriedade e asesoraralles para que podan obtela a través da web de reservas da Xunta.

Este novo sistema de verificación reforzarase no propio porto de Rodas, onde estará despregado persoal do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas para facer as correspondentes verificacións das autorizacións de todos os viaxeiros no momento do seu desembarco e incluso, de ser necesario, requirirlles o seu documento de identificación.

Durante a solicitude do permiso, será necesario rexistrar nome, apelidos, documento de identificación, sexo e ano de nacemento. As autorizacións enviaranse por correo electrónico ao solicitante ou poderán descargarse desde a propia páxina web.

Unha vez que o visitante dispoña xa da súa autorización, de carácter persoal e intransferible e dotada de códigos de control QR, número de autorización e nome e apelidos, poderá elixir a navieira coa que quere desprazarse ata as Cíes. Concretamente, esta Semana Santa as empresas Mar de Ons, Nabia e Rías Gallegas levarán a cabo estas travesías, xa que son as tres autorizadas pola Dirección Xeral de Mobilidade e pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, responsable do control dos accesos ao espazo natural.

As novidades e melloras introducidas pola Consellería de Medio Ambiente no sistema de acceso ao Parque Nacional das Illas Atlánticas pretenden evitar a posible sobre venda de billetes por parte das empresas de transporte que viaxan ao arquipélago. Con este obxectivo, durante esta Semana Santa porase en marcha a primeira fase de implantación do novo modelo de autorizacións para acceder ás Cíes, moi similar ao que opera con éxito na Praia das Catedrais desde o ano 2015.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies