spot_img
InicioVigo e áreaMosXisco Feijoó cabeza de cartel no Son do Pazo 2023

Xisco Feijoó cabeza de cartel no Son do Pazo 2023

Xisco Feijoó cabeza de cartel no Son do Pazo 2023O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ é unha cita estival, que naceu en 2015 coa intención de consolidarse e converterse nun referente da música galega tanto en Mos como na área Metropoilitana e en toda a zona sur de Galicia e Norte de Portugal.

Revista COUSAS DE Nº18

Os días 2 e 3 de setembro, nun escenario único e cheo de historia como a contorna exterior do Pazo de Mos, terá lugar a VIII edición, cun programa musical atractivo coa presenza de grandes grupos do mundo folk como Xisco Feijoó como cabeza de cartel e acompañado por grandes artistas como Mondra, De Ninghures, O fiadeiro, Airiños do Castelo…

O evento, que está organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos en colaboración coa Xunta de Galicia,a Deputación de Pontevedra, o Concello de Mos e a Fundación Pazo de Mos, presentábase oficialmente nun acto presidido conxuntamente pola alcaldesa, Nidia Arévalo, o director Xeral de Política Lingüística Valentín García, a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernandez Tápias, o presidente do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia, Ramón Alfaro, e unha representación da Fundación Pazo de Mos. A alcaldesa Nidia Arévalo, expresou o seu “agradecemento” a todos os que fan posible co seu traballo e colaboración este Festival contribuindo así ao seu éxito. Valentín García, eloxiou o evento como espazo “necesario” de difusión da música e a cultura galegas.

Pola súa banda Fernández-Tapias destacou que “en 8 anos esta cita consolidouse como unha das maiores e máis importantes da música tradicional” e felicitou á organización por ser un exemplo “do importante que é manter vivas as tradicións e de como desde o ámbito local se pode ofrecer unha programación diversa e de calidade”. Fernández-Tapias garantiu que a Deputación de Pontevedra “vai estar ao carón de quen apostades polo impulso e a promoción da cultura, porque para este goberno a dinamización cultural será un dos principais eixes de traballo e é, ademais, unha aposta miña persoal”.

O Son do Pazo é un festival con gran variedade de estilos e riqueza da música galega e de raíz. Durante os dous días do festival poderase gozar tamén da gastronomía, o sábado con porco ao espeto, e o domingo con sesión vermut e pulpeira. Non faltará a presenza do baile tradicional, cunha actuación o sábado da mán do grupo O Fiadeiro, e un Obradoiro de baile impartido por Adrao o domingo. A entrada un ano máis será gratuíta e poderase gozar dos seguintes artistas e expectáculos:

Sábado:  TREBOEIROS DA MUIMENTA DE SOBRADA –  O FIADEIRO – AIRIÑOS DO CASTELO – ELIZABHET DAVIDSON – BLYTHE & DANIEL QUAYLE  – DE NINGHURES – XISCO FEIJOÓ E MONDRA

Domingo: BRAIS DAS HORTAS – TANTO NOS TEN – ADRAO

- Publicidade -spot_img