O vindeiro sábado día 2 de Julio a partir das 17.00 horas, desde a Praia da Ladeira, o concello de Baiona, organiza a XII Travesía a nado Concello de Baiona “GRAN PREMIO EURORED”
A travesía organízase en varias categorías e distancias sendo elas de carácter mixto aínda que as clasificacións realizásense por sexos:
• sub 12- 100 Metros (Nacidos 2.010-2014) – horario; 17.00 h.
• sub 16 – 500 Metros (Nacidos 2.006 – 2009) horario; 17.15 h.
• Adultos (2005 – 1983) e veteranos (1982) – 2.000 metros; 18.00 h.
O prazo de inscrición finaliza o vindeiro mércores 29 de xuño ás 12.00 H. polo que recomendamos aos que deseis participar non deixedes o tramite da vosa inscripión para o final.
Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina e as categorías establecidas son; Sub 12, Sub 16, adultos e veteranos, establécese tamén clasificación absoluta e clasificación para os participantes censados en Baiona e entregásense agasallos e avituallamientos a todos os participantes a través dos nosos patrocinadores e colaboradores; Coca cola, Area, Carrefour, A Caixa, MRCY de Baiona, Parador Conde de Gondomar, protección Civil, Zafire Ladeira, e Portos de Galicia.
Para formalizar as inscricións deberán dirixirse fisicamente ao Pavillón Municipal de Baiona ou través da plataforma informática de www.championchipnorte.com establécense os teléfonos de información; T: 986.356.558 ou tamén a través do e. Mail deportes@baiona.org.




