spot_img
InicioVal MiñorGondomarXardín Desordenado presenta no Instituto de Estudos Miñoráns o seu último disco: "CASARES"

Xardín Desordenado presenta no Instituto de Estudos Miñoráns o seu último disco: “CASARES”

xardin-desordenado-presenta-no-instituto-estudos-minorans-seu-ultimo-disco-casaresXardín Desordenado presenta no Instituto de Estudos Miñoráns, o xoves 21 de decembro, ás 20:00 horas o seu último disco: “CASARES”

Con motivo da designación de Carlos Casares como autor do Día das letras Galegas 2017, Xardín Desordenado confeccionou un programa na súa homenaxe, no que se inclúen cancións con diversos  textos do autor, algún deles ben coñecidos coma “A Galiña Azul” ou “Un polbo xigante”, pero outros publicados ata agora só en revistas especializadas.

Xardín Desordenado

Hai sete anos, un grupo de músicos reuníronse nunha bufarda de Tirán Igrexario (Moaña) para musicar a poetas galeg@s. Aínda que de distintas procedencias musicais e mesmo xeracionais, todos eles tiveran contactos co jazz, que aparece como fondo de moitos dos seus arranxos. As súas composicións van dende o blues e o  swing, ata o bolero e a bossa nova.

Publicaron dous CD, un dedicado a poetas homes e outro dedicado a poetas mulleres, e presentaron os seus traballos en numerosos auditorios, como a Cidade da Cultura, o museo Verbum de Vigo, o Pazo de Cultura de Pontevedra, o museo Provincial de Lugo, o auditorio Afundación de A Coruña etc.

En 2014 viaxaron ata Bos Aires onde ofreceron concertos en diversos teatros e auditorios.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.