spot_img
InicioCondado ParadantaXa está en funcionamento a nova planta de transferencia de residuos de...

Xa está en funcionamento a nova planta de transferencia de residuos de Arbo

xa-esta-en-en-funcionamento-a-nova-planta-de-transferencia-de-residuos-de-arboA nova planta de transferencia de residuos de Arbo, construída e xestionada pola Xunta de Galicia, xa está en funcionamento.

Revista Cousas de nº21

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá as instalacións, que, segundo explicou, contan cunha capacidade de tratamento de 5.700 toneladas de refugallos urbanos ao ano.

Acompañada polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, e outros rexedores da comarca, a responsable autonómica explicou que a planta comezou a funcionar hai tres semanas e que nestes momentos xa a están utilizando catro concellos (A Cañiza, As Neves e Crecente, ademais de Arbo), que suman unha poboación de case 13.500 habitantes.

Tras lembrar que esta infraestrutura substitúe á antiga microplanta da Cañiza, con capacidade para tratar tan só os residuos do contedor xenérico, explicou que a Xunta investiu 2,25 millóns de euros nas instalacións de Arbo, preparadas para transvasar as tres fraccións que recibe a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) —envases de plástico, latas e briks (bolsa amarela), fracción resto (bolsa negra) e materia orgánica (bolsa marrón)— e transferilas á planta de compostaxe de Vilanova de Arousa.

Cómpre lembrar que esta nova infraestrutura de transferencia forma parte da Rede pública deseñada pola Xunta para a valorización da materia orgánica de orixe doméstico, os chamados biorresiduos, unha fracción que os concellos están obrigados por lei a recoller separadamente nos seus respectivos termos municipais.

Neste sentido e aínda que as competencias sobre a xestión dos residuos lle corresponden ás administracións locais, o Goberno galego mantén o seu compromiso de apoio e colaboración cos concellos para axudarlles a garantir o cumprimento da normativa vixente neste eido, poñendo para elo ao seu alcance as dotacións necesarias.

A tal fin, Ángeles Vázquez explicou que a rede pública impulsada polo seu departamento para a xestión da materia orgánica está composta por 17 plantas: 4 dedicadas ao tratamento dos biorresiduos para facer compost —1 por provincia— e 13 de transferencia —todas dotadas dunha tolva específica para o transvase da materia orgánica recibida, como paso previo ao seu traslado ata a planta de compostaxe máis próxima.—

Ao respecto, salientou a boa marcha dos traballos tanto no caso das instalacións de nova construción como daquelas remodeladas a partir doutras xa existentes, o que permite que a día de hoxe a rede estea xa practicamente completa.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

De feito, avanzou que tras a posta en servizo da planta de transferencia de Arbo, tan só quedan 2 pendentes: a de Riotorto, xa rematada e que previsiblemente poderá empezar a operar a finais do mes de xuño, e a de Vigo, que recibiu hai uns días a licenza municipal necesaria para adaptar a planta actual cunha tolva reservada á fracción orgánica.

Neste sentido, a conselleira destacou tamén que o investimento previsto na posta en marcha destas 17 infraestruturas destinadas á xestión e tratamento dos biorresiduos no conxunto da Comunidade ascende a 45 millóns de euros, contía cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FEDER de Galicia 2021-2027.

- Publicidade -spot_img