spot_img
InicioGaliciaX Xornada formativa para profesionais do sector turístico sobre o Parque Nacional...

X Xornada formativa para profesionais do sector turístico sobre o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

X-Xornada-formativa-profesionais-sector-turístico-sobre-Parque-Nacional-Marítimo-Terrestre-Illas-Atlánticas-Galicia

A dirección xeral de Conservación da Natureza, a través do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, celebra unha xornada o venres, día 24 de abril, para dar a coñecer os valores deste espazo natural, seu funcionamento e todos os aspectos relacionados coa xestión de visitantes. O evento está dirixido a técnicos, informadores e guías turísticos.

Nestes días, darase a coñecer aos profesionais relacionados co sector turístico os valores naturais e culturais do Parque Nacional, co obxecto de difundir esta información coa máxima precisión posible e proporcionarse aos traballadores do sector turístico ferramentas e recursos que lles permitan informar aos potenciais visitantes do Parque Nacional sobre aspectos como os seus servizos, a normativa ou a súa xestión, dun xeito claro e preciso. Ademais, ofréceselles aos participantes unha canle de comunicación co Parque Nacional, de xeito que lles permita propoñer suxestións e actuacións de mellora no espazo, especialmente nos aspectos relacionados coa súa área de traballo.

A xornada, que celebra a súa décima edición, terá distintos contidos entre os que destacan os seguintes:

• Os espazos naturais protexidos. A rede de Parques Nacionais españois. A rede de espazos naturais galegos.
• O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: situación e composición.
• Medio natural do Parque Nacional: medio físico, fondos mariños, flora e fauna terrestre.
• Introdución á historia e ao patrimonio cultural do Parque.
• Uso Público no Parque Nacional.
• Normativa e lexislación básica.
• Xestión e funcionamento do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
• O turismo no Parque Nacional. Papel dos informadores turísticos na divulgación dos valores do espazo protexido. Recursos e materiais de apoio.
• Visita ao arquipélago de Cíes.

Este acto organízanse en horario de mañá e tarde, primeiro no auditorio do Centro de Visitantes Cambón e, a segunda quenda, nas propias illas e contará con 65 participantes, que se poderán apuntar desde este luns, día 23, ata o vindeiro luns 13 de abril. Cabe sinalar que, no caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas, farase unha selección baseada nos seguintes criterios: a relación entre o traballo actual coa temática das xornadas, a súa profesión, estudos académicos e a orde de chegada de solicitudes; ademais non deberán ter participado nas últimas edicións destas xornadas nin no curso de formación de guías do Parque Nacional.

A listaxe provisional de participantes publicarase na páxina web do Parque Nacional:http://www.parquenacionalillasatlanticas.com o xoves 16 de abril e as persoas admitidas que finalmente non poidan asistir deberán poñerse en contacto telefónico co Parque Nacional a efectos de poder admitir a outros solicitantes que se atopen en lista de agarda. A listaxe definitiva publicarase no mesmo medio o luns 20 de abril de 2015.

A parte teórica da xornada completarase cunha visita a un dos arquipélagos do Parque Nacional, co obxecto de contrastar de xeito práctico os contidos tratados. Para obter o certificado oficial de asistencia será obrigatorio ter asistido tanto á teoría como á práctica. A asistencia ás xornadas é gratuíta, incluíndo o transporte marítimo ás illas e o transporte ata o porto de embarque, aínda que a comida correran a conta de cada participante.

- Publicidade -spot_img