spot_img
InicioVal MiñorBaionaMonte Real Club de Yates de Baiona, 50 anos facendo historia no...

Monte Real Club de Yates de Baiona, 50 anos facendo historia no mar

Monte-Real-Club-Yates-Baiona-regatas-cincuenta-aniversarioO Monte Real Club de Yates cumpre este martes medio século de vida fomentando o turismo náutico internacional e a organización de regatas

Monte-Real-Club-Yates-Baiona-regatas-cincuenta-aniversarioDesde o seu nacemento, o 24 de marzo de 1965, o club baionés protagonizou algúns dos capítulos máis importantes da historia da vela en España

Monte-Real-Club-Yates-Baiona-regatas-cincuenta-aniversario

O Monte Real celebra as súas vodas de ouro cunha destacada ausencia, a do seu emblemático presidente Don Rafael Olmedo, falecido o pasado mes de febreiro

O Monte Real Club de Yates cumpre este martes medio século de vida fomentando o turismo náutico internacional e a organización de regatas.

Desde o seu nacemento, o 24 de marzo de 1965, o club baionés protagonizou algúns dos capítulos máis importantes da historia da vela, o que lle permitiu converterse en referente indiscutible deste deporte en España.

Foi coa Regata do Descubrimento, en 1972, coa que o club empezou a soar con forza no panorama náutico. Chegarían despois varias edicións da Lymington-Baiona, campionatos de Europa e do Mundo, e numerosas regatas internacionais de Match Race de grao uno, nas que participaron os mellores patróns a nivel mundial.

Pero foi sen dúbida o desafío á Copa América, presentado en 1989, o que catapultó ao Monte Real Club de Iates. A competición máis prestixiosa do mundo tería, por fin, un representante español. En 1992 España acudía por vez primeira á Copa América, unha fazaña que o club baionés repetiría en dúas ocasións máis, en 1995 e 2000.

Na actualidade, o Monte Real é mundialmente coñecido por dous das súas regatas, que casualmente tamén están de aniversario neste 2015. Son o Trofeo Príncipe de Asturias e o Trofeo Conde de Gondomar, que cumpren 30 e 40 anos respectivamente.

Uns aniversarios que o club baionés celebrará cunha destacada ausencia, a do seu emblemático presidente Don Rafael Olmedo, falecido o pasado mes de febreiro aos 99 anos de idade tras máis de 40 anos á fronte da institución.

Monte-Real-Club-Yates-Baiona-regatas-cincuenta-aniversario

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.