Baiona acollerá os próximos 18, 19 e 20 de marzo o X Torneo Internacional de Minibasket. O tradicional evento deportivo, que foi presentado no Concello, reunirá a 24 equipos de toda Galicia e de Portugal (12 en categoría masculina e 12 en categoría feminina) durante tres días. Todos os xogadores son de categoría alevín.
O acto de presentación contou coa presencia de Daniel Benavides, delegado deportes Xunta, Alfonso Madado, presidente del Club de Baloncesto , Maria Jesús Martíns, concelleira deportes , Juan González, representando a Deputación Pontevedra, María Troncoso en representación de Coca-Cola, Jose Luis Pérez, vicepresidente da Fedración Galega e Ángel Rodal, alcalde de Baiona
Así, o venres 18 disputarase o torneo de tiros por parellas e xa o sábado 19 terá lugar a fase de grupos, na que se clasificarán os dous primeiros. O domingo 20 os eliminados xogarán entre eles e os equipos finalistas disputarán os play-offs de eliminación directa. A final masculina será ás 17.00 horas e a feminina ás 18.00, ambas as no pavillón de deportes de Baiona. Ás 19.00 terá lugar a entrega de premios.
O torneo, tal e como sinalou Alfonso Mandado, presidente do Club Baloncesto Baiona (organizador do torneo xunto ao Concello) é actualmente un dos máis importantes do noroeste peninsular tras consolidarse en nove edicións anteriores.
O Alcalde de Baiona, Angel Rodal, destacou a importancia do evento para o municipio “Este torneo é moi importante no deportivo de Baiona pero tamén o é a nivel turístico e económico. Os xogadores veñen acompañados polas súas familias que pasan todo o fin de semana na vila, enchendo hoteis e os restaurantes. Tamén é unha iniciativa acollida con gran entusiasmo polos comerciarte baioneses”, matizou Rodal.





