spot_img
InicioO MorrazoMoañaVolven as Depoandainas cun percorrido pola Ruta dos Muiños de Fraga en...

Volven as Depoandainas cun percorrido pola Ruta dos Muiños de Fraga en Moaña

Volven as Depoandainas cun percorrido pola Ruta dos Muiños de Fraga en MoañaA Deputación de Pontevedra abre este luns o prazo de inscrición para a primeira das depoandainas 2020 que percorrerá os Muiños de Fraga en Moaña

Volven as Depoandainas, o programa gratuíto da Deputación de Pontevedra que ten por obxectivo fomentar hábitos de vida saudable  e a promoción do turismo, no marco do decidido compromiso da institución provincial co Medio Ambiente.

Este luns 20 de xullo ábrese o prazo de inscrición para o primeiro dos itinerarios, que percorrerá o 9 de agosto a Ruta dos Muíños da Fraga en Moaña. As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir das 9 horas na web da institución provincial (www.depo.gal) ata completar o límite das 200 prazas. Aquelas persoas que se apunten con posterioridade (ata un máximo de 100) pasarán á lista de agarda. O prazo para inscribirse, de non completarse antes o aforo, remata o 3 de agosto ás 12 horas.

A ruta que estrea a quinta edición deste programa gratuíto desenvolverase o 9 de agosto e ofrece 200 prazas

A Ruta dos Muiños da Fraga é unha camiñada de 9,7 quilómetros de itinerario circular e dificultade media. Coas novas medidas de seguridade derivadas da Covid, os e os participantes deberán desprazarse ao punto de partida da ruta, onde se lles asignará un monitor e un grupo. Estes serán reducidos, cun máximo de 25 persoas. No caso de non poder asistir á andaina, as persoas inscritas deberán comunicarllo ao Servizo de Deportes antes do peche da inscrición (neste caso o 3 de agosto antes das 12 horas), enviando un correo electrónico co nome e o DNI a deportes@depo.gal. Deste xeito, pasará a ocupar a súa praza outra persoa da lista de agarda.

Seguintes rutas

Este verán, a iniciativa, que ten sufrido variacións por mor da Covid, oferta tres camiñadas por algúns dos enclaves máis emblemáticos da provincia, dirixidas a todas as persoas independentemente da súa idade, e que contarán con 200 prazas cada unha.

Despois desta primeira camiñada polo concello de Moaña, a seguinte ruta será o 30 de agosto pola Fervenza de Callobre, no concello da Estrada. Para esta andaina, as inscricións abriranse o 10 de agosto e o prazo pecharase o día 24 ás 12 horas.  O último itinerario será o 20 de setembro polo Sendeiro das Fragas e Levadas do río Calvo e Deva, no concello da Cañiza. Neste caso, a apertura do prazo para anotarse comezará o 31 de agosto e pecharase o 14 de setembro ás 12 horas.

- Publicidade -spot_img