spot_img
InicioGaliciaVinte galegos no Europeo Junior e Sub 23 de piragüismo

Vinte galegos no Europeo Junior e Sub 23 de piragüismo

Vinte galegos no Europeo Junior e Sub 23 de piragüismoO equipo español junior e sub 23 chegaba esta mañá á pista da cidade polaca de Pozanan, na que o vindeiro xoves dará comezo o Campionato de Europa Sprint da categoría. Para esta competición está previsto que participen preto 750 deportistas de 37 países. O equipo español está composto por 46 padeeiros entre os que destacan os 20 galegos desprazados.

O primeiro día de competición contarán coa presenza de varios dos representantes galegos. Diego Domínguez do Breogán debutará na proba de C1 1000 metros ás 9.21 da mañá, na que buscará o pase directo á final de medallas. O seu irmán Noel estará presente na mesma proba pero na categoría Sub 23, onde ten prevista a súa carreira ás 10.10 horas.

Ás 10.23 será a quenda para a padeeira do Ría de Betanzos Irene Lata no K1 1000 metros Sub 23. A medida mañá terán a saída a embarcación C2 Sub 23, formada por Manuel Fontán do Náutico O Muiño e Martín Jácome do E. P. Ciudad de Pontevedra sobre a distancia de 1000 metros.

A canoista do E. P. Ciudad de Pontevedra Claudia Couto estrearase en competición internacional na proba de C1 500 xuvenil ás 12.40. Na mesma distancia de competirá ás 13.20 Carla Sieiro do Piragüismo Poio en C1 sub 23.

Pablo Roza do Fluvial de Lugo participará en K1 Sub 23 500 metros ás 13.10, onde buscará o pase directo á final que será para o primeiro da súa serie.

A parella do Club Náutico Rodeira formada por Raúl Estévez e Mauro Pardavila tomará a saída ás 15.35 na segunda carreira de C2 500 xuvenil.

Tan só 10 minutos despois Sara Durán do Confraría de Pescadores de Portonovo competirá xunto á vasca Maddalen Arsuaga no K2 500 xuvenil.

A C2 formado por Antía Otero do E. P. Ciudad de Pontevedra e Valeria Oliveira de Piragüismo Poio serán as seguintes en entrar en competición sobre a distancia de 500 metros en categoría xuvenil. Ás 16.00 Pablo Graña do Náutico Rodeira xunto a Pablo Crespo do E. P. Ciudad de Pontevedra competirán en C2 500 metros sub 23.

As distintas regatas de embarcacións K4 pecharán a primeira xornada deste europeo onde a presenza galega continúa cos sub 23 Iván Fernández do Ría de Betanzos e Xoel García do Fluvial de Lugo que competirán ás 16.40 xunto aos seus compañeiros Lázaro López e Blai Muñoz. En mulleres Lara Feijoo do Kayak Tudense e Carolina García do E. P. Ciudad de Pontevedra formarán equipo con Bárbara Pardo e Nerea García, pechando así a participación galega do día.

O venres será a quenda para as semifinais de 1000 e 500 ademais do inicio das carreiras de 200 metros onde Gabriel Martínez do Ribeiras do Tambre competirán en K1 sub 23, ademais de Lara Feijoo en K1 e Antía Otero que o fará en C1 e C2 con Valeria Oliveira.

Aos deportistas mencionados hai que sumarlle a presenza do director técnico da Fegapi Daniel Costa e o fisioterapeuta de tui Diego Domínguez.

Os países participantes neste europeo que loitarán con España en busca das medallas son: Armenia, Austria, Acerbaixán, Bielorrusia, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, República Checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Xeorxia, Alemaña, Grecia, Hungría, Irlanda, Israel, Italia, Letonia, Lituania, Países Baixos, Macedonia do Norte, Noruega, Polonia, Portugal, República de Moldavia, Rumania, Rusia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suíza, Turquía e Ucraína

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.