spot_img
InicioAlto MinhoVilanova de Cerveira acolle un encontro para analizar a arquitectura fortificada da...

Vilanova de Cerveira acolle un encontro para analizar a arquitectura fortificada da raia minhota

vilanova-de-cerveira-acolle-un-encontro-para-analizar-a-arquitectura-fortificada-da-raia-minhotaAs fortificacións históricas construídas tras a independencia de Portugal, no século XVII, son hoxe un rico patrimonio cultural que se estuda desde diferentes ámbitos académicos

Revista Cousas de nº21

Co obxectivo de explorar e promover o coñecemento e a conservación das paisaxes defensivas transfronteirizas, o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Universidade do Minho organizaron este venres a xornada A arquitectura fortificada da Idade Moderna como construto da fronteira miñota. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, que inaugurou o evento, estivo presente durante todas as sesións, nunha xornada que se enmarca no ciclo “Conversas na Raia”, e que nesta ocasión se desenvolve en Vila Nova de Cerveira.

vilanova-de-cerveira-acolle-un-encontro-para-analizar-a-arquitectura-fortificada-da-raia-minhota

O comezo da Guerra da Restauración, tras a proclamación de João IV como rei, desencadeou a independencia de Portugal con respecto á coroa de Castela, así como un proceso de modernización das defensas medievais na fronteira entre Portugal e España. Expertos en arquitectura, historia e arqueoloxía reúnense durante un día para poñer en común as investigacións sobre este patrimonio. O evento destaca a importancia da colaboración interadministrativa na xestión do patrimonio cultural transfronteirizo e subliña o valor das paisaxes defensivas como testemuños vivos da historia e da cultura de ambos os países.

O programa
A sesión organizada en dous paneis, abordouse a xestión patrimonial destes espazos, tema na que Rebeca Blanco-Rotea coordinou o panel titulado “A xestión patrimonial da arquitectura fortificada fronteiriza”, mentres que, pola súa banda, o arquitecto da Xunta de Galicia Manuel Vecoña profundou no Plan Director das Fortalezas Transfronteirizas do Baixo Miño. Sobre a xestión patrimonial dos monumentos raianos de Vila Nova de Cerveira falaron Jorge Martins e Manuela Ferreira, da Câmara Municipal dese municipio, pechando o o panel a arquitecta da Cámara Municipal de Valença Belisa Vilar, que explicou a xestión da fortaleza desa localidade.

vilanova-de-cerveira-acolle-un-encontro-para-analizar-a-arquitectura-fortificada-da-raia-minhota
Rebeca Blanco-Rotea

O segundo dos paneis estivo coordinado polo historiador tudense Suso Vila no que se abordou o estudo da arquitectura e a paisaxe fortificada da Raia. Nela,o investigador independente Xoán R. Carnero Fernández ofreceu un relatorio titulado “Goián (1663-1668): evolución da fortificación portuguesa”. O investigador do Lab2PT da Universidade do Minho Tiago Rodrigues abordou a construción e o proxecto do sistema defensivo amurallado do val do río Miño no período histórico que vai de 1621 ata 1763. Pechou a sesión Rebeca Blanco-Rotea cunha intervención que titulou “Arqueoloxía dunha paisaxe: fortificar a fronteira galego-portuguesa na Idade Moderna”.

Conversas na Raia
En 2014, cando se facían 150 anos do Tratado de Lindes de Lisboa, que fixou as actuais fronteiras entre España e Portugal, o Consello da Cultura Galega e a Universidade do Minho puxeron en marcha o programa Conversas na Raia.

A primeira sesión tivo lugar ese ano cunha xornada titulada As fronteiras políticas (150 anos do Tratado Espanha-Portugal), que profundou en cuestións históricas e xeográficas e que contou con participantes como Ramón Villares, Rubén Lois, Álvaro Domingues, José Viriato, Pegerto Saavedra, Daniel Lanero ou Dulce Freire. Tres anos despois, en 2017, tivo lugar a segunda edición cun encontro en Melgaço, en homenaxe ao profesor José Marques. No marco desa edición, na que participaron Manuel Baptista Calçada Pombal, Fernando López Alsina, José Viriato Capela, Rosario Álvarez e Ramon Villares, presentouse o libro Alto-Minho e Galiza. Estudos Históricos e o proxecto Gallaecia Monumenta Historica.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.