spot_img
InicioVigo e áreaVigoO parque forestal de Saiáns acolle a IX Andaina polos Montes de...

O parque forestal de Saiáns acolle a IX Andaina polos Montes de Vigo

o-parque-forestal-de-saians-acolle-a-ix-andaina-polos-montes-de-vigoO Concello de Vigo pon en marcha a IX Andaina polos Montes de Vigo, incluída no programa de educación medioambiental “Camiño a Camiño”. O evento faise en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo, asociación que agrupa ás catorce comunidades de montes viguesas, e conta co patrocinio de Vegalsa – Eroski, que contribúe a que o evento conte cos kits de abastecemento.

Revista Cousas de nº21

O rexedor vigués, acompañado de responsables de Vegalsa-Eroski e da Mancomunidade de Montes de Vigo, presentou o evento, incluído no programa de educación medioambiental “Camiño a Camiño”. Terá lugar o vindeiro domingo 12 de maio co obxectivo de “achegar aos participantes á contorna natural e poñer en valor este patrimonio e as paisaxes a través dos nosos parques forestais”.

Abel Caballero sinalou que busca por “en valor o patrimonio natural e paisaxístico” co que conta a nosa cidade. A IX Andaina polos Montes de Vigo consiste nun encontro dos vigueses e viguesas co entorno no que viven en plena explosión da primavera, co obxectivo de superar os 1.000 participantes entre as tres modalidades de andaina (19,8km, 8,4km e 5,2km).

Conta cunha especial invitación ao público familiar para realizar a Peque-Ruta (aproximadamente 2km) e para participar nas actividade lúdicas previstas. Tamén está contemplada unha Ruta adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Nesta edición as andainas e actividades terán lugar no Parque Forestal de Saiáns como punto central, e circularán polo Parque Forestais de Pozos e por algúns dos tramos dos sendeiros locais de Valladares, Matamá, Comesaña, Coruxo, Oia e Saiáns. Os participantes terán ocasión de achegarse a algúns dos miradoiros máis destacados de Vigo, como o de Matamá, o de Bandeira ou o de Castro Alto de Medoña, así como a restos arqueolóxicos, muíños e fragas que se atopan polo traxecto.

- Publicidade -spot_img