spot_img
InicioVal MiñorGondomarVIII limpieza simultánea "Proxecto Móllate Polos Ríos"

VIII limpieza simultánea “Proxecto Móllate Polos Ríos”

VIII-limpieza-simultánea-Proxecto-Móllate-Polos-RíosO concello de Gondomar a través da Concellería de medio ambiente, mobilidade e sanidade dirixida por Jimena Varela Rodríguez, apoia a limpeza que vaise levar a cabo o vindeiro domingo no río de Gondomar organizada por Proxecto Ríos coa colaboración de diferentes entidades.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A VIII Limpeza SimultáneaMóllate polos ríos” se celebrará este ano en 42 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 52 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta sexta edición. A limpeza que será o 27 de setembro mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 42 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

En Gondomar centro realizará a coordinación da limpeza a Asociación A Groba. Tódolos interesados están citados as 10:00 na ponte do Matadoiro o vindeiro domingo 27.

Aconséllase levar luvas. Máis información no teléfono 627 276816  (Pablo)

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.