Inicio Val Miñor Nigrán A 'VIII Carreira Solidaria' de Panxón (Nigrán), recaudó 1.340 € para as...

A ‘VIII Carreira Solidaria’ de Panxón (Nigrán), recaudó 1.340 € para as familias necesitadas do municipio

Os colexios participantes nesta edición, entregaron ao Concello de Nigrán 1.340 euros en vales de supermercado para aas familias necesitadas do municipio.

Representantes de alumnos e profesores dos centros de Educación Especial de Panxón, do Juan María de Parada, da escola de educación infantil As Dunas e do colexio A Cruz de Camos entregaron onte nos Servizos Sociais do Concello de Nigrán 1.340 euros en vales de supermercado recadados na VIII Carreira Solidaria.

O xa tradicional evento deportivo, organizado polo colexio público de Panxón con motivo da Semana da Paz, contou un ano máis con seu patrocinador adulto por cada corredor (este ‘padriño’ paga un prezo previamente acordado entre eles por cada volta ao circuíto completada). O diñeiro recadado, como é habitual, destinouse íntegramente a vales de supermercado que o departamento de Servizos Sociais distribuirá entre as familias que o precisan, sendo especialmente indicados para a compra de produtos frescos.

“Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas aos docentes pola organización e aos nenos pola súa participación imprescindible”, manifestou o alcalde, Juan González, na recepción de onte.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies