spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigoCultura presenta a súa programación de artes escénicas para o primeiro semestre...

VigoCultura presenta a súa programación de artes escénicas para o primeiro semestre do ano

VigoCultura presenta a súa programación de artes escénicas para o primeiro semestre do anoO Concello de Vigo presenta a súa programación Vigocultura de artes escénicas para o primeiro semestre do ano, despois de consolidarse no ano 2020 como a mellor programación de artes escénicas de Galicia, e a única programación cultural que ademáis de non cancelar ningún espectáculo, reforzou programación con todas as medidas e protocolos de seguridade COVID. O compromiso co sector escénico e o apoio ás compañías é total por parte do Concello de Vigo.

Así pois, o Auditorio Municipal volve a abrir as portas de Vigocultura cun protocolo COVID específico. Un protocolo conservador cuxo único fin é garantir a seguridade de traballadores, artistas, técnicos e público xeral. Poderemos seguir desfrutando das mellores compañías de artes escénicas, con todas as garantías de seguridade. O aforo do Auditorio Municipal, que en circunstancias de normalidade conta cunha capacidade para 285 persoas, continúa reducido a 81, garantindo en todo momento a distancia mínima interpersoal.  Será obrigatorio en todo momento o uso da máscara de protección a partir dos 6 anos e recomendable entre os 3 e os 5.

Como sempre, trátase dunha programación elaborada desde e por o Concello de Vigo, que segue consolidando públicos, a través da diversidade de disciplinas e a variedade de estilos. Unha programación para todos os públicos composta por teatro, danza, circo, espectáculos para bebés e espectáculos de microteatro.

VigoCultura presenta a súa programación de artes escénicas para o primeiro semestre do ano
Esencial (Vaivén Circo e Danza)

 

O programa está composto por 23 compañías, que realizarán un total de 31 funcións, con 22 espectáculos diferentes e 31 días de programación que se desenvolverá durante 3 meses, desde febreiro ata o 1 de maio. Como novidade, e ante a situación de aforos reducidos, Vigocultura realizará dous pases para cada espectáculo, para público adulto os venres e sábados, e con dúas funcións os domingos nos espectáculos familiares, en horario de mañá e tarde.

Pincha no seguinte enlace e atoparás toda a información detallada do programa:👇👇👇          PROGRAMA VIGOCULTURA FEBREIRO – ABRIL 2021

Para os máis pequenos da familia, haberá programación todos os domingos ás 12:30 e 18:00 horas, incluíndo circo, danza, teatro e espectáculos para bebés.

As funcións dos venres e sábados para público adulto están programadas para as 20 horas para poder cumprir coas restricións á mobilidade vixentes. Ante as circunstancias actuais, os espectáculos poderán sufrir modificacións nos horarios segundo as diferentes normativas que poidan ir xurdindo, garantindo en todo momento a devolución total do importe das entradas en caso de non poder asistir se estes horarios sufrisen cambios.

Os prezos dos espectáculos seguen a normativa establecida tanto pola Rede Galega de Teatros e Auditorios como polas ordenanzas fiscais municipais. Os prezos das entradas para os espectáculos para adultos serán de 8 € en xeral, 9 € no caso do Programa 3×3 (9 € cada día ou 15 € os dous días), e os dirixidos a público familiar de 5 €.

As venta de abonos comezará mañá xoves e ata o 30 de xaneiro a través da web de Woutick (www.woutick.es). A partir do 1 de febreiro tamén poderán adquirirse as entradas soltas, así como abonos á carta na billeteira do propio Auditorio os venres, sábados e domingos nos horarios indicados no programa.

- Publicidade -spot_img