spot_img
InicioPontevedra e ÁreaVigo promóvese como cidade de rodaxes no sector audiovisual

Vigo promóvese como cidade de rodaxes no sector audiovisual

O Castro - Vigo

A Vigo Convention Bureau, fundación dependente do Concello, organizou este venres o primeiro Encontro Vigo Zona de Rodaxe que ten como obxectivo potenciar a urbe como lugar de realización de produtos audiovisuais. Para Caballero “é unha forma magnífica de divulgar a cidade”.

Vigo acolleu este venres o primeiro Encontro Vigo zona de rodaxe organizado pola Vigo Convention Bureau que reuniu, na sala de conferencias do MARCO, a profesionais do sector audiovisual entre os que estaban o presidente da Spain Film Commission, a directora da Andalucía Film Commission así como realizadores e directores vigueses.

Segundo sinalou o alcalde, o obxectivo é establecer en Vigo unha plataforma para difundir a cidade como base de rodaxe de películas, series de televisión ou vídeos porque “é unha magnífica forma de divulgar a cidade”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.