spot_img
InicioPontevedra e ÁreaVigo prepárase para celebrar a Reconquista 2016

Vigo prepárase para celebrar a Reconquista 2016

Vigo-Festa da Reconquista.jpg5 (Copiar) (2)
A cidade comeza a conta atrás para a Festa da Reconquista da Vila de Vigo, que tomará as rúas do Casco Vello na primeira fin de semana de abril, os días 2 e 3.
Ademais das representacións, a organización programa o tradicional mercado, espazos infantís, música nas rúas e demostracións de artesanía. A mostra “Retallos da nosa historia” xa está aberta, na Casa Galega da Cultura.
Os actos centrais da festa terán lugar na fin de semana do 2 e 3 de abril. Para o sábado e o domingo, a organización programa o tradicional mercado, unha foliada infantil na Praza da Pedra, espazo infantil no Berbés, demostracións de artesanía con vinte oficios tradicionais, música e baile polas rúas da zona vella e, por suposto, a representación da saída das tropas e as escaramuzas coa veciñanza, e a representación da Reconquista da Vila de Vigo.
plano reconquista
Durante as xornadas do sábado e do domingo haberá actividades musicais na sede da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello e no “Espacio Mahou”, en Eduardo Chao, xunto a 15 grupos de música tradicional actuando polas rúas e prazas do casco histórico vigués.
 
Actividades previas
Desde o 17 de marzo está aberta a mostra “Retallos da nosa Historia” na Casa Galega da Cultura. O cartel reconquistaobxectivo desta exposición é dar a coñecer pequenos fragmentos da nosa historia que, unidos, formen unha imaxe de como vivían e vestían os nosos antepasados. A mostra recrea dúas actividades cotiás do rural: lavar a roupa nun pilón ou lavadoiro, o que se denominaba “Ir ao río”; e a despensa do campo, o canastro, cañizo, hórreo, etc, dependendo da zona onde nos atopemos.
 
Para o mércores 30 deste mes farase o ensaio xeral da gran representación teatral que recrea o feito histórico e, ao día seguinte, o xoves 31, terá lugar a “Reconquistiña”, con máis de 300 nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria participando nunha ruada polo Casco Vello.
- Publicidade -spot_img