spot_img
InicioPontevedra e ÁreaVigo acollerá a celebración do XXX aniversario da Copa Galicia Senior...

Vigo acollerá a celebración do XXX aniversario da Copa Galicia Senior Feminina

vigo-acollera-a-celebracion-do-xxx-aniversario-da-copa-galicia-senior-feminina

Escolleuse a provincia de Pontevedra para este evento porque a primeira edición da Copa Galicia de Baloncesto Feminino foi na provincia, en Caldas de Reis, fai trinta anos, enfrontando ao Círculo Mercantil de Vigo co Pío XII de Santiago.

A sede da Deputación en Vigo foi a lugar elixido para fazer a  presentación do XXX Aniversario da Copa Galicia Sénior Feminina, que se vai desenvolver o vindeiro sábado, 17 de setembro, na cidade de Vigo.

No acto interviron a presidenta da deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; e a representante da Federación  Española de Baloncesto e embaixadora do proxecto “Universo Mujer”, Isa Sánchez.

Coincidindo este ano co XXX Aniversario da Copa Galicia Sénior Feminina de Baloncesto, dende a Federación Galega de Baloncesto -en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Concello de Vigo e outras entidades- organizouse unha gran festa arredor do baloncesto, que vai ter lugar este próximo sábado na cidade de Vigo. Escolleuse a provincia de Pontevedra para este evento porque a primeira edición da Copa Galicia de Baloncesto Feminino foi na provincia, en Caldas de Reis, fai trinta anos, enfrontando ao Círculo Mercantil de Vigo co Pío XII de Santiago.

O evento do vindeiro sábado vai combinar a parte puramente deportiva, coa final da última edición da Copa Galicia, cunha parte máis social de promoción do deporte e do baloncesto. Haberá ademais unha parte de homenaxe e recoñecemento a todo o baloncesto feminino en Galicia nestas últimas décadas cun partido entre lendas do baloncesto feminino galego.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.