spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigo abre a Vía Verde desde Vía Norte ata Coutadas

Vigo abre a Vía Verde desde Vía Norte ata Coutadas

Vigo abre a Vía Verde desde Vía Norte ata CoutadasDesde este venres queda aberto o primeiro tramo da Vía Verde, dun quilómetro de longo aproximadamente, entre Vía Norte e a rúa Coutadas

Revista COUSAS DE nº14

O alcalde inaugurou este venres o tramo dun quilómetro de longo, aproximadamente, coa previsión de que o resto da senda, que supera os 4 quilómetros chegando ata o límite con Redondela, poida entrar en funcionamento en “dúas ou tres semanas”.

“É un modelo, unha antiga vía de tren que pasará a ser zona de paseo, para as bicicletas e o ocio”, apuntou Abel Caballero que deu conta do investimento municipal no conxunto da obra por valor de 3,5 millóns de euros coa cooperación do Goberno de España, a través dos fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A achega estatal foi de 1.860.000 euros para esta obra “emblemática da cidade de Vigo”.

Desde este venres queda aberto á cidadanía o primeiro tramo da Vía Verde, dun quilómetro de longo aproximadamente, entre Vía Norte e a rúa Coutadas con mobiliario urbano, 105 novos punto de luz led en catenaria, conta con 30 aparcabicis e con grandes bancos corridos ao longo do paseo para uso cidadá amais de zonas verdes e dúas pasarelas de madeira: a primeira de 55 metros de longo conecta Vía Norte coa rúa Navarra e a segunda, de 120 metros de longo, conecta a rúa Navarra coa Vía Verde.

Respecto ao resto do trazado da Vía Verde que sumará mais de 4 quilómetros de longo, Caballero adiantou que poderá nun prazo de “dúas ou tres semanas abriremos o resto desde Vigo a Redondela”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.