spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraV Marcha contra o Cancro en Pontevedra

V Marcha contra o Cancro en Pontevedra

v-marcha-contra-o-cancro-en-pontevedraPontevedra celebrou este domingo a quinta edición de “Pontevedra en marcha contra o cancro”, evento que está promovido pola Asociación Española Contra o Cancro da localidade.

Revista Cousas De Nº19

O obxectivo desta cita deportiva é recadar fondos para, con eles, fomentar a investigación no cancro financiando proxectos neste sentido. O obxectivo é, din desde a organización, chegar ao 70% de superviencia no 2030.

Desde a AECC, recollendo a conmemoración, celebrada uns días atrás, do Día Mundial da Investigación no Cancro, precisan que, actualmente, a supervivencia no cancro sitúase nun 55,3% en homes e nun 61,7% en mulleres. Na asociación márcanse como desafío incrementar as citadas porcentaxes ata o 70%.

O presidente da Deputación de Pontevedra tamén participou na marcha

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente provincial Rafa Domínguez, participou este domingo na quinta edición da carreira que organiza cada ano a Asociación Española contra o Cancro na capital da provincia. O mandatario provincial tomou a saída na Avenida de Montero Ríos para completar un recorrido de case 7 quilómetros polo casco histórico pontevedrés, cuxa recadación destinarase a financiar programas de prevención, atención psicolóxica e social a pacientes e familiares, así como a fomentar proxectos de investigación.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.