spot_img
InicioVigo e áreaVigoUVIGO MOTORSPORT contará novamente co patrocinio de Zona Franca para competir cun...

UVIGO MOTORSPORT contará novamente co patrocinio de Zona Franca para competir cun novo monopraza nos circuitos de Alemaña e Barcelona

O equipo de UVIGO MOTORSPORT contará cun novo patrocinio do Consorcio da Zona Franca de Vigo para competir cun novo monopraza máis lixeiro e máis aerodinámico nos circuitos de Alemaña e Barcelona

A Delegada do Estado na Zona Franca, Teresa Pedrosa, recibiu hoxe na sede social do Consorcio aos responsables do equipo UVigo Motorsport con quen intercambiou impresións sobre os resultados da pasada edición da que se destacou que este proxecto da Escola de Industriais da Universidade de Vigo fose un exemplo de colaboración entre os novos investigadores universitarios e a industria da comarca.

Pedrosa confirmou a súa aposta polo proxecto como xerme de novos empresarios dun sector no que Vigo é líder e comprometeuse a que o Consorcio asuma un novo patrocinio económico para a tempada 2015-2016. Este patrocinio permitirá aos alumnos que se integran no Formula Student volver competir cun novo monovolume que este ano incorpora monocasco e máis aerodinámica. O obxectivo agora é dar un salto cualitativo na competición que este ano se celebrará no mes de agosto nas localidades de Hockheim (Alemaña) e Montmeló (Barcelona).

Os líderes do equipo, Juan Villar e Marcos Fernández, aos que acompañou a xefa de estudos da Escola de Industriais, Ana Mejías, expuxeron que a necesidade destes apoios xa que se busca a implantación a longo prazo dun modelo de equipo no que se integren, ano tras ano, alumnos de distintos cursos de Industriais e outros centros da Universidade.

Para a tempada 2016 Formula Student Germany propuxo un concurso especial paralelo á competición que consiste en desenvolver unha idea realizable de como podería integrarse un monopraza sen piloto na competición actual. Por iso o equipo da UVigo está a desenvolver un novo monopraza autónomo con aleróns e construído en materiais moito máis lixeiros que competirá tamén en deseño en Formúlaa Student desta tempada.

En febreiro de 2015 este proxecto recibiu o premio nacional Educa 2020 ao mellor proxecto universitario innovador nun acto presidido por S.M Felipe VI na Casa das Américas en Madrid.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.