spot_img
InicioVal MiñorNigránUnha representación de Airbus visita o Centro de Innovación de Porto do...

Unha representación de Airbus visita o Centro de Innovación de Porto do Molle

Unha representación de Airbus visita o Centro de Innovación de Porto do MolleAcompañados polo presidente de Delta Vigo, Francisco Puga e a Delegada de Zona Franca, Teresa Pedrosa, una delegación da empresa Airbus Operation composta por máis de vinte técnicos superiores visitaron esta mañá as instalacións do Centro de Innovación Aeroespacial (CINAE) que o Consorcio está a piques de inaugurar en Porto do Molle.

A Delegada, Teresa Pedrosa, explicoulles que este novo edificio acollerá tanto unha incubadora de empresas de base tecnolóxica como a Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia. Esta fundación, constituída polo Consorcio da Zona Franca e a Universidade de Vigo como patróns fundadores de carácter público, ten tamén como patróns de carácter privado á propia Airbus quen xa coñecía as instalacións pero a través do persoal da súa sección Defense and Space. Ademais, como se expuxo, tamén son outros patróns privados Delta Vigo, o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG) e a Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica (UDEGA).

A visita -que continuou pola tarde no propia Delta Vigo e na mañá do xoves na planta de Peugeot-Citroën- ten por obxecto coñecer as potencialidades da comarca en materia de innovación xa que a innovación é unha prioridade para Airbus Group en España polo que a compañía líder do sector aeroespacial e de defensa está a investir o 9,5% da súa facturación en investigación e desenvolvemento. Neste aspecto, os enxeñeiros valoraron moi positivamente tanto as infraestruturas que o Consorcio construíu en Porto do Molle como a súa contorna.

Na súa exposición, Pedrosa explicou que aínda que hoxe en Galicia a aeronáutica aínda non é un sector potente, si que presenta enormes potencialidades e algunhas empresas xa moi fortes como Delta Vigo que está a construír en Porto do Molle a súa cuarta planta produtiva. Estas potencialidades baséanse tanto na excelencia das carreiras técnicas da Universidade de Vigo como nunha man de obra especializada proveniente do sector naval e da automoción. “E isto é o que queremos desenvolver ao poñer en marcha esta nova infraestrutura de futuro” dixo Pedrosa quine tamén lles informou do resto de actividades de promoción económica que o Consorcio leva a cabo en toda a comarca.

En España pódense atopar instalacións de produción de Airbus, Airbus Helicopters e Airbus Defence and Space. A máis grande é a instalación compartida en Xetafe, -desde a que viñeron hoxe os integrantes desta delegación-, onde ao redor de 6.000 empregados traballan con avións militares e civís. Airbus é un dos principais fabricantes de avións do mundo e nas súas plantas de España xéranse o 64% dos ingresos da nación procedentes desta área económica.

- Publicidade -spot_img