spot_img
InicioVal MiñorBaionaUns 60 nenos e nenas participaran no Campionato Baitra de vela infantil...

Uns 60 nenos e nenas participaran no Campionato Baitra de vela infantil en Baiona

uns-60-nenos-e-nenas-participaran-no-campionato-baitra-de-vela-infantil-en-baiona

A competición de clase Optimist organizada polo Monte Real Club de Yates e patrocinada por Baitra Accesorios navais celebrarase o próximo fin de semana

Uns 60 nenos e nenas de entre 8 e 15 anos disputaranse o próximo fin de semana en Baiona o Campionato Baitra de Vela Infantil, unha competición organizada polo Monte Real Club de Yates co patrocinio de Baitra Accesorios Navais que ten como principal obxectivo impulsar a vela infantil en Galicia.

comillasOs novos regatistas de entre 8 e 15 anos chegados de distintos clubs de Galicia e do norte de Portugal completarán varios percorridos técnicos na baía

No trofeo daranse cita novas promesas da vela de distintos clubs galegos e do norte de Portugal. Así, veremos na auga, entre outros, barcos do Real Club Náutico de Vigo, do Club Náutico Rodeira (Cangas), do Club Marítimo de Canido, do Clube de vela de Viana do Castelo, da Escola de vela BBDouro (Vila Nova de Galia) ou do Iate Clube do Porto, así como do propio club organizador, o Monte Real Club de Yates (Baiona).

A competición dará comezo o sábado 21 co rexistro dos participantes e unha reunión de comités e adestradores. Unha vez finalizados eses trámites, os regatistas sairán ao campo de regatas, situado na baía baionesa, para comezar coas probas, que se celebrarán a partir das dúas e media da tarde.

Un día despois, o domingo 22, terá lugar a segunda e última xornada de regatas, a partir das once e media da mañá; e pola tarde, ao redor das catro e media, as instalacións do Monte Real Club de Yates acollerán a entrega de premios aos gañadores do campionato.

comillasO trofeo forma parte do plan de promoción da vela desde a base que o Monte Real puxo en marcha hai anos para impulsar a vela infantil en Galicia

No Campionato Baitra de vela infantil participarán regatistas da clase Optimist, a embarcación máis empregada para iniciarse no mundo da navegación de forma individual, dada a súa sinxeleza, estabilidade e fácil manexo. Os novos regatistas disputaranse a vitoria nun máximo de 6 probas con percorridos en forma de trapecio e unha media duns 40 minutos de duración.

uns-60-nenos-e-nenas-participaran-no-campionato-baitra-de-vela-infantil-en-baiona

Na anterior edición do trofeo, celebrada en maio de 2015, o Real Club Náutico de Vigo, o Monte Real Club de Yates e o Club Marítimo de Canido foron as entidades que máis regatistas subiron ao podio do campionato.

Santiago Moreno, deportista de 15 anos do náutico vigués, venceu na clase Optimist gañar tres das cinco probas disputadas. Na clase Optimist Escola, o ouro foi para a nova regatista de Canido, Carla Estévez, de apenas 11 anos. E en clase Cadete venceu o equipo formado por Fereyot Simón e María Carneiro, de 16 e 11 anos, alumnas do equipo de regatas do Monte Real Club de Yates.

Todos aqueles que queiran gozar da regata e ver aos nenos competindo en Baiona poderán facelo desde os arredores da baía, en lugares como o paseo que rodea o Parador Nacional, praia América ou Monte Lourido.

CAMPIONATO BAITRA DE VELA INFANTIL

Sábado 21 de maio – Primeira Xornada
14:30 > COMEZO DAS PROBAS NA BAÍA DE BAIONA

Domingo 22 de maio – Xornada Final
11:30 > COMEZO DAS PROBAS NA BAÍA DE BAIONA
16:30 > ENTREGA DE PREMIOS NO MONTE REAL CLUB DE IATES

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.