spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraUniversidade de Vigo e Deputación avalían novas vías de colaboración

Universidade de Vigo e Deputación avalían novas vías de colaboración

universidade-de-vigo-e-deputacion-avalian-novas-vias-de-colaboracion
Lantarón, López, Reigosa e Caparrini, na reunión celebrada no Pazo Provincial

Deputacion de Pontevedra e Universidade de Vigo avaliaron novas vías de colaboración na xuntanza que mantiveron este martes o reitor e o presidente da institución provincial 

Revista Cousas De Nº20

Analizar novas vías de cooperación entre Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra, avaliar os programas, froito da colaboración entre estas dúas institucións, que se atopan xa en marcha e estudar tamén plans de futuro de interese mutuo. Eses foron os obxectivos do encontro de traballo que na tarde deste martes mantiveron no Pazo Provincial o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, e o presidente da Deputación, Luis López, no que participaron tamén as vicerreitoras do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón, e de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini.

Segundo informou a Deputación, o presidente da institución provincial amosou neste encontro a súa vontade de seguir cooperando coa Universidade en eidos como a igualdade, o benestar social, o fomento de emprego, a normalización lingüística ou a cultura, entre outros. Deste a institución provincial, sinalouse tamén a vontade de manter un contacto constante “co obxectivo de ofertar titulacións e actividades de interese para mellorar a formación dos estudantes da provincia”, á vez que fomentar a apertura da UVigo á cidadanía.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.