spot_img
InicioBaixo MiñoUnha visita guiada permitira coñecer a restauración estrutural dos Muíños da Dorna,...

Unha visita guiada permitira coñecer a restauración estrutural dos Muíños da Dorna, na senda do rio Tripes

Unha visita guiada permitira coñecer a restauración estrutural dos Muíños da Dorna, na senda do rio TripesOs muíños da Dorna, na Senda do Río Tripes en Tui, serán os protagonistas desta actividade, que terá unha duración aproximada de 90 minutos, centrada na posta en valor dos procesos de restauración e consolidación estrutural dos muíños Dorna de Arriba e Dorna de Abaixo levados a cabo pola Asociación Muiñeiros do Río Tripes.

Revista COUSAS DE Nº15

O vindeiro sábado, 15 de outubro, ás 11h. terá lugar esta visita guiada centrada na interpretación patrimonial destes muíños e a súa contorna.

Analizarase a metodoloxía construtiva, dende o peirao e punto de captación da levada ata a propia arquitectura dos muíños. Revelaranse detalles que nos indican as diferentes reconstrucións sufridas dende a súa construción ata os nosos días.

Os diferentes signos lapidarios, as marcas de “raspeta” e o propio desgaste das pedras axudarán a entender a vida cotiá e a mentalidade dos nosos antepasados.

Visitarase o interior destes muíños que, aínda que non posúen a totalidade do sistema de moenda, teñen interesantes aspectos que amosar.

Afondarase na importancia da conservación do patrimonio, da súa utilidade e a responsabilidade da sociedade civil en todo isto.

O pequeno paseo que conducirá aos asistentes dende o punto de encontro ata os muíños tamén permitirá coñecer o entorno e contexto destes elementos do patrimonio etnográfico.

O prezo da actividade é de 4 €, sendo preciso facer inscrición previa no correo: cristianlagonunez@gmail.com ou no 653 632 360.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.