spot_img
InicioVal MiñorNigránUnha vintena de voluntarios recolle preto dunha tonelada de lixo no esteiro...

Unha vintena de voluntarios recolle preto dunha tonelada de lixo no esteiro de A Foz do rio Miñor

vintena-voluntarios-recolle-preto-dunha-tonelada-lixo-esteiro-Foz-rio-Miñor

A VIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”, levada a cabo por vez primeira entre Concello de Nigrán e Adega, permitiu extraer do río Miñor centos de botellas de vidro, tubarías, cordas, sinais…

Unha vintena de voluntarios acudiu onte a chamada do Concello de Nigrán e a organización ecoloxista Adega para limpar o esteiro de A Foz, na Ramallosa, a altura da ponte romana. Ao longo de aproximadamente dúas horas o grupo extrae preto dunha tonelada de lixo, fundamentalmente botellas de vidro  e material de construción como tubarías, pero tamén cousas máis curiosas como paraugas, cadeiras, tixolas, cordas, nasas, roupa e ata unha valla.

O Concello de Nigrán sumouse deste xeito por vez primeira a acción enmarcada no ‘Proxecto Ríos’, un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

vintena-voluntarios-recolle-preto-dunha-tonelada-lixo-esteiro-Foz-rio-Miñor

 

Esta VIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrouse este ano en 42 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 52 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…).  “Dende o Concello de Nigrán queremos sumarnos sempre a este tipo de iniciativas de voluntariado ambiental e promovelas, como xa fixemos coa limpeza de especies invasoras das dunas de praia América este verán”, asegura Juan González, alcalde de Nigrán, quen participou na limpeza xunto aos demais membros do goberno local.

- Publicidade -spot_img