spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona elixida como punto de partida do Camiño a Santiago pola súa...

Baiona elixida como punto de partida do Camiño a Santiago pola súa beleza paisaxística por unha axencia de viaxes

Baiona-elixida-punto-partida-Camiño-Santiago-beleza-paisaxística-axencia-viaxes

O Camiño Portugués pola Costa segue afianzándose como ruta xacobea máis aló das nosas fronteiras. Onte o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a Concelleira de Educación, Beatriz González Pérez, e a Concelleira de Urbanismo, Ana Simóns Sánchez, recibiron na Casa Consistorial da Vila a 21 peregrinos que farán o 123 Km que separan a Real Vila de Santiago de Compostela.

O Alcalde deu a benvida aos camiñantes e comento que “É unha satisfacción que elixisen a Baiona como inicio do seu camiño de peregrinación. Estamos encantados de recibilos, convidámoslles a coñecer a nosa vila e a que gocen dos nosos monumentos e a nosa gastronomía. Deséxolles un bo camiño“. Tras estas palabras, o rexedor e as concelleiras fixeron entrega aos peregrinos dunhas bolsas de turismo de Baiona, que contiñan varias guías con información sobre a vila e o camiño portugués da costa.

O guía do grupo, Mark Auchincloss, trasladou en nome de todo o grupo o seu agradecemento ao Alcalde polo seu caloroso recibimento.

Entre os camiñantes había persoas de varios puntos do planeta. En concreto de: Inglaterra, Irlanda, Holanda, Austria, EE.UU. e Australia.

Os peregrinos elixiron Baiona como punto de partida para iniciar a súa andaina atraídos pola beleza incomparable deste magnífico camiño de peregrinación; costeiro na maior parte do trazado no 9,2 Km por terras baionesas. Permanecerán na localidade durante un día, xa que están aloxados nun dos hoteis do municipio.

Farán o percorrido ata a coidade santa en varias etapas durante unha semana, Baiona-Vigo-Redondela-Pontevedra-Caldas Baiona-elixida-punto-partida-Camiño-Santiago-beleza-paisaxística-axencia-viaxes de Reis-Padrón-Santiago. Mark Auchincloss, irlandés afincado en Baiona desde hai 5 anos, será o guía dos viaxeiros ao longo do camiño. É a primeira vez que un grupo tan variado fará o percorrido partindo da Real Vila.

Precisamente foi Auchincloss o artífice de dar a coñecer no seu país de orixe o marabilloso percorrido polo que transcorre o Camiño Portugués da Costa e propoñer Baiona como punto de partida. Mark dirixiuse coa información desta ruta xacobea a unha axencia de viaxes de Dublín especializada en ofertar as diferentes rutas que levan a Santiago de Compostela (caminoways.com), tras mostrar aos responsables da axencia as paisaxes que ofrecía esta singular senda estes empezaron a ofrecela aos seus clientes. Desde entón, xullo de 2014, son moitos os cidadáns estranxeiros que se dirixiron ata a nosa localidade para iniciar o camiño ata a capital galega.

Mark Auchincloss comentou que “Cada vez son máis os interesados que preguntan por esta singular viaxe. Moitos o coñecen a través da páxina web de axénciaa pero outros tantos veñen recomendados por familiares ou amigos tras gozar da experiencia. A ruta tivo unha gran acollida e demanda, polo que a axencia, que ata o momento ofrecía a senda de forma individual, decidiu oferta a viaxe a grupos. Hoxe empezamos esta nova aventura, que virá seguida de moitas outras”, sentenciou o irlandés.

Como eles, moitos estranxeiros animáronse cada vez máis conforme pasaron os anos para escoller esta senda como opción principal para realizar a peregrinación á capital da comunidade.

A axencia xa ten programados máis viaxes grupales a Baiona. Este primeiro desembarco de foráneos na vila foi recibido cunha gran acollida tanto por parte das autoridades como dos comerciantes da zona.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.