Inicio O Morrazo Moaña Fegatea celebra en Moaña o seu décimo quinto aniversario no marco do...

Fegatea celebra en Moaña o seu décimo quinto aniversario no marco do Festival de Teatro Amador

Fegatea-celebra-Moaña-décimo-quinto-aniversario-marco-Festival-Teatro-Amador

O festival anual da Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), “Móvete nas Xornadas”, que se celebra en Moaña desde o pasado día 18 ao 27 de setembro, enmarcou a pasada noite a celebración do décimo quinto aniversario da entidade.

Nun acto que tivo lugar no Centro Cultural Daniel Castelao do municipio pontevedrés, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, gabou o traballo realizado polas compañías que integran a federación e destacou a súa contribución tanto á oferta de programación escénica como ao desenvolvemento da cultura galega.

O secretario xeral de Cultura gabou o traballo dos grupos que integran a federación e destacou a súa contribución ao desenvolvemento da cultura galega

A Consellería de Cultura e Educación vén colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado, presidida por Consuelo Pampillón, a través dun convenio para a realización do Circuíto de Teatro Amador, que leva espectáculos escénicos a numerosos concellos galegos. Con máis de 50 funcións este ano, a programación deste circuíto promove a mobilidade xeográfica dos grupos de teatro e a viabilidade cultural do teatro afeccionado, nun marco de intercambio de experiencias e convivencia entre os diferentes grupos que participan nesta iniciativa.

Recoñecemento aos grupos máis antigos
Os grupos máis antigos, que levan máis dunha década integrados na Fegatea, recibiron durante o acto de homenaxe en Moaña o recoñecemento do público e da federación coa entrega de agasallos. Previamente, o centro cultural foi o escenario do espectáculo da compañía Esfinge Teatro, de Castela e León, coa montaxe ‘El verbo amar’.

O festival conta este ano coa participación do colectivo portugués Comedias do Minho, do que forman parte os grupos do norte do país veciño, así como da Federación de Teatro Afeccionado de Castela e León. Ademais das funcións teatrais destas compañías, o cartel do programa conta con obradoiros de lecturas dramatizadas e xogos dramáticos para os máis novos, xunto coas mesas de debate e traballo das X Xornadas de Teatro da Fegatea.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies