spot_img
InicioPontevedra e ÁreaUnha vintena de empresas interesanse polo concurso do proxecto de musealización dos...

Unha vintena de empresas interesanse polo concurso do proxecto de musealización dos xacementos castrexos da provincia de Pontevedra

unha-vintena-de-empresas-interesanse-polo-concuerso-do-proxecto-de-musealizacion-dos-xacementos-castrexos-da-provincia-de-pontevedraTécnicos da Deputación e das empresas fixeron hoxe un percorrido por Monte Castro, A Lanzada e Agro Vello

Case unha vintena de empresas participaron hoxe nun percorrido por tres xacementos castrexos da provincia coa que pretendese darlles información “in situ” sobre o concurso para o proxecto de musealización de 18 xacementos. En concreto máis dunha vintena de persoas en representación dunha cifra similar de empresas percorreron, xunto con técnicos da Deputación, os xacementos de Monte Castro, A Lanzada e Agro Vello.

Esta visita, xunto a que se fará o día 15 ao castro de Santa Tegra, estaba contemplada no concurso público convocado polo Ministerio de Fomento para o proxecto de ideas das obras de restauración e musealización dos 18 xacementos galaico-romans da provincia. Este concurso, dotado de 266.000 euros, publicado no Boletín Oficial do Estado o pasado 22 de decembro, ten como finalidade a idea global e a descrición das actuacións necesarias para a recuperación e valorización do conxunto dos xacementos castrexos como unha estratexia de promoción turística provincial e educativa.

Estes 18 xacementos son os contemplados no convenio firmado pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento o pasado ano 2015 para a súa escavación e recuperación.

En concreto, trátase dos castros de San Tegra (A Guarda); Alobre (Vilagarcía); Facho de Donón (Cangas); A Lanzada (Sanxenxo); Porta de Arcos (Rodeiro); Mercado dos Mouros (Valga); Igrexa Vella (Valga); Monte do Castro (Ribadumia); Adro Vello ( O Grove); Castro de Troña (Ponteareas); A Cabeziña (Oia); Castrolandín ( Cuntis); Alto da Cruz do Castro (Cotobade); Catro de Subidá (Marín); Castro de Toiriz (Silleda); Coto de Altamira (As Neves); Alto dos Cubos (Tui) e Castro de Penalba (Campo Lameiro).

Agora as empresas interesadas teñen de prazo ate o próximo día 11 de febreiro para a presentación de ofertas que deben contemplar aspectos como a limpeza, o mantenemento e conservacións das estruturas  dos castros, a señalización dos xacementos, a difusión e a promoción coa creación dunha ruta cun marcado carácter lúdico e educativo, e a musealización e a dixitalización  cunha recreación en 3D de todo o espazo dos xacementos.

En total, el proxecto posterior de obras de restauración e musealización, ten un orzamento estimado de máis de catro millóns de euros o que supón un orzamento de execución material por castro de 156.000 euros.

O concurso de ideas para o proxecto de musealización ten como data de presentación o próximo día 11 de febreiro ante a Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento.

 

- Publicidade -spot_img