spot_img
InicioVal MiñorNigránUnha quincena de voluntarios de Nigrán retira media tonelada de lixo do...

Unha quincena de voluntarios de Nigrán retira media tonelada de lixo do Esteiro da Foz na Ramallosa

Fundamentalmente sacouse material de construción pero tamén cristais, neumáticos, plásticos... En total, suman 2'5 toneladas recollidas dende o ano 2015, cando o Concello de Nigrán promoveu esta xornada no esteiroUnha quincena de voluntarios retirou este domingo media tonelada de lixo do esteiro de A Foz (A Ramallosa) na ‘X Limpeza Simultánea’ organizada polo Concello de Nigrán e coordinado pola asociación ecoloxista Adega no marco do ‘Proxecto Móllate polos Ríos’.

Aproveitando a marea baixa, os participantes extraeron fundamentalmente material de construción, botellas de vidro, plásticos, neumáticos ou redes. Este é o terceiro ano consecutivo no que o Concello se suma a esta iniciativa, retirándose do esteiro de A Foz dende o ano 2015 un total de 2,5 toneladas de lixo.

Esta ‘X Limpeza Simultánea’ tivo lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre se realiza grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa que busca a concienciación social.

Fundamentalmente sacouse material de construción pero tamén cristais, neumáticos, plásticos… En total, suman 2’5 toneladas recollidas dende o ano 2015, cando o Concello de Nigrán promoveu esta xornada no esteiro

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

 

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.