spot_img
InicioVal MiñorGondomarUnha pasarela peonil unirá a rúa Curros Enriquez coa contorna do mercado...

Unha pasarela peonil unirá a rúa Curros Enriquez coa contorna do mercado de abastos en Gondomar

unha-pasarela-peonil-unira-rua-curros-enriquez-coa-contorna-do-mercado-abastos-gondomarUnha pasarela peonil unirá a rúa Curros Enriquez coa contorna do mercado de abastos en Gondomar.

A falta duns trámites, con Augas de Galicia e retirar un valo publicitario, está previsto que esté terminada a fináis deste ano. Esta actuación inclúe unha zona de estacionamento donde na actualidade soamente hai terra. Así o confirmou hoxe o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira durante a visita do deputado, David Regades ás obras do Parque da Colleira e do antigo Matadoiro.

A reparación integral e a instalación de novos elementos de xogos infantís do parque da Colleira foi financiada cunha achega do Plan Concellos 2016 da Deputación de máis de 130.000 euros

O deputado de cooperación municipal, David Regades, visitou hoxe xunto ao alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, o renovado Parque da Coelleira unha vez rematadas as obras para as que o concello recibiu achegas por valor de 135.181,82 euros, correspondentes ao Plan Concellos 2016 que, en total, supuxo para a vila do Val Miñor un 24% máis que no 2015.

unha-pasarela-peonil-unira-rua-curros-enriquez-coa-contorna-do-mercado-abastos-gondomar
David Regades, Francisco Ferreira, Nuria Lameiro e Iria Lamas

En concreto, con este investimento, encadrado ao abeiro da liña 1 do Plan, o concello de Gondomar puido instalar cinco novos xogos infantís, reparar outros dez, construír unha pista polideportiva e colocar mobiliario urbano como papeleiras e bancos de pedra.  Respecto aos cinco xogos infantís incorporados ao Parque da Coelleira, trátanse dunha pirámide de cordas de aceiro, un bambán con cesta de polietileno, un tobogán, un panel de actividades e unha tirolina. En canto a pista polideportiva, esta é de 7x10m e conta con ocos a modo de portería e canastras de baloncesto.

En canto ao Plan Concellos 2017, o concello de Gondomar xa ten aprobado o 77,23%, isto é 726.505,59 € dun total de 940.746,04 €, un 7,4% máis que o ano pasado. Estas achegas da Deputación de Pontevedra serviron para a merca dunha desbrozadora de brazo lateral e un vehículo para a concellería de vías e Obras e o departamento de Benestar Social, para a construción da pasarela peonil na contorna do mercado de abastos, para levar a cabo actuacións de eficiencia enerxética e xestión intelixente en bombeos de augas residuais do concello,para a merca dunha miniexcavadora, para actuacións de seguridade viaria e reparación de camiños así como actuacións nas vías de Igrexa e San Martiño en Borreiros.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.