spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaUnha exposición recolle os 50 anos do C.F. Cañiza

Unha exposición recolle os 50 anos do C.F. Cañiza

Unha exposición recolle os 50 anos do C.F. CañizaA mostra fai un percorrido por este medio século de historia do C.F. Cañiza a través de imaxes, equipamentos, trofeos e outras moitas testemuñas deixadas polos homes e mulleres que formaron parte desta gran familia.

O pasado sábado 14 de agosto o Clube Fútbol Cañiza celebrou na Praza Maior o Acto Conmemorativo do seu 50 Aniversario. Un acto no que se rendeu un emotivo homenaxe a todas  as persoas que formaron parte  do  Cañiza durante este medio século de vida:  dende o ano 1971, ano no que se federou o Equipo ata este 2021, un ano Covid que quedará marcado na súa historia .

Pero o fútbol na Cañiza comezou moito antes, case 35 anos antes de que se federase. Pois os xornais dos anos 30 do século XX xa publicaban notas sobre as seus encontros deportivos.

O Alcalde Luis Piña acompañado da Presidenta do Clube e novo equipo fusionado, Mónica Paz e do Presidente de Honra, Carlos Mera, visitaron  a exposición

O Alcalde Luis Piña, da man do Presidente de Honra, Carlos Mera e da nova Presidenta do Clube, Mónica Paz, tivo a oportunidade de coñecer algunhas das anécdotas asociadas a este gran equipo: triunfos e trofeos, ascensos, derrotas, xogadores, directivas, equipacións, publicacións así como gran cantidade de artigos que documentan a Historia con mayúsculas do Cañiza. Todo isto recopilado nunha completa exposición que estará aberta ata o 30 de agosto.

Unha historia da que xa hai indicios no ano 1927, nas hemerotecas, e que falan dos encontros disputados  no verán cos  equipos de Ribadavia, Arbo, Cortegada…

A finais dos anos 60 empeza a xerminar a idea de federar o equipo e o 20 de outubro de 1970, nunha reunión celebrada no Concello, créase unha Xunta Xestora encargada de tramitar o papeleo. Esta xestora estará formada por Carlos Raimundo Mera Rodríguez  como presidente, Antonio Alves Iglesias coma Vicepresidente, Leoncio Bacelar Queimadelos coma Secretario e Cesar Mera González coma tesoreiro.

Redactados os estatutos, en marzo do ano 71 celebrarase a primeira asamblea do clube, da que sairá a primeira xunta directiva, na que repiten os integrantes da xestora, ca salvedade de que Carlos Mera será vicepresidente e Antonio Alves será o primeiro presidente do equipo.

O 14 de setembro de 1971, recíbese a confirmación para poder participar en competicións da Federación Territorial Galega de Fútbol, concretamente en 2ª Comarcal. Nesta tempada 71/72 empezarán a competir. Nesta primeira tempada clasificáronse co 5º posto. A partires de aquí xogarían ininterrompidamente durante 50 anos, ca excepción da 20/21 por culpa da pandemia da COVID 19.

Militaron en terceira, segunda e tamén en primeira autonómica á que chegaron na tempada 86 – 87 e na que permaneceron 3 anos máis, concantenando despois unha serie de ascensos e descensos entre segunda e terceira ata o derradeiro ascenso logrado na tempada 19 – 20. Así chegaron ata o ano 2021, no que como broche de ouro a toda esta historia, se fusionan  co ADECA (Asociación Deportiva Cañiza) C.F.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.