A rúa do Príncipe acolle dende onte a exposición das obras máis salientables de ambos arquitectos, reflectida en 12 paneis instalados fronte o Museo MARCO
En 2022 cumpriuse o centenario da morte de Jenaro de la Fuente e do nacemento de Bar Boo. Ambos arquitectos abranguen un período histórico na cidade de Vigo, que vai desde finais do século XIX ata finais do XX, caracterizado por un forte crecemento e pola evolución do Vigo do ensanche ata a gran cidade metropolitana actual.
A exposición organizada pola Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, coa colaboración do Coincello de Vigo