Inicio Pontevedra Unha delegación chinesa interésase polas tecnoloxías satélites aplicadas ao mar desenvolvidadas en...

Unha delegación chinesa interésase polas tecnoloxías satélites aplicadas ao mar desenvolvidadas en Vigo

Unha delegación da cidade-prefectura chinesa de Zhoushan mantivo esta mañá un encontro no Consorcio da Zona Franca para coñecer tanto das empresas, equipos e fundacións que na comarca de Vigo realizan tecnoloxías espaciais e vixilancia do mar como as actividades de promoción económica que leva a cabo o Consorcio e posteriormente estableceu contactos coa Fundación Cinae para estudar as posibilidades de colaboración no campo das tecnoloxías espaciais aplicadas á vixilancia do mar.

A delegación desta cidade, que ten a particularidade de ser a única cidade situada sobre a base dun grupo de illas e que é un dos lugares de pesca máis grande do mundo, mostroulle a Teresa Pedrosa un especial interese en coñecer en detalle as áreas de traballo que o Consorcio leva a cabo como axencia de desenvolvemento local.

No transcurso da reunión analizouse o sistema desenvolvido por Zona Franca que combina o papel de provedor de infraestruturas para a empresa co traballo a favor do desenvolvemento da investigación en sectores punteiros mediante acordos coa Universidade e outros actores tanto públicos como privados.

Con posterioridade á reunión, a delegación chinesa desprazouse a Porto do Molle para estudar no CINAE as posibilidades de realizar encargos no campo da vixilancia satelital. A xornada completouse pola tarde cunha visita á empresa de solucións de comunicación por satélite, Syntelix, radicada no Parque Tecnolóxico.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies