·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaUnha comisión organizadora prepara na Guarda unha Homenaxe a Eliseo Alonso

Unha comisión organizadora prepara na Guarda unha Homenaxe a Eliseo Alonso

Unha comisión organizadora prepara na Guarda unha Homenaxe a Eliseo AlonsoUnha Comisión Organizadora está traballando, en colaboración coa familia do escritor, etnógrafo, poeta e xornalista goianés, para realizar un programa de actividades

Atendendo ás propostas presentadas no Concello de A Guarda, subscritas por varias persoas vencelladas ao eido cultural, o Concello de A Guarda amosa toda súa disposición e compromiso para tributar unha homenaxe a Eliseo Alonso Rodríguez, escritor, etnógrafo, poeta e xornalista.

Con ese propósito creouse a Comisión Organizadora da Homenaxe a Eliseo Alonso, que está formada por Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Cultura do Concello de A Guarda; Marta Verde Rodríguez, tesoureira da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.); Antonio Martínez Vicente, membro da Asociación InfoMAXE e Ricardo Rodríguez Vicente, cronista de A Guarda.

En colaboración coa familia de Eliseo Alonso, proponse desenvolver varias actividades nas que se está xa traballando e cun programa no que tamén se ten coma obxectivo nomear a título póstumo a Eliseo Alonso Rodríguez como Fillo Adoptivo de A Guarda, agradecendo deste xeito todo canto fixo a prol de A Guarda, en xeral, e de xeito moi especial, pola súa contribución á posta en valor do seu patrimonio etnográfico mariñeiro.

Ao longo da súa vida, Eliseo Alonso visitou á vila guardesa en innumerables ocasións, un gran amigo de moitos pescadores, artistas e fotógrafos, foi un activo publicista dos singulares atractivos que posúe A Guarda, das súas festas, da súa gastronomía, do mar, do Río Miño, das súas tradicións e costumes populares.

Deste xeito e para dar dar inicio o cumprimento desa débeda que o pobo da Guarda ten coa figura de Eliseo Alonso, o pasado 30 de marzo reuníronse no salón de Plenos do concello da Guarda os portavoces de todos os grupos municipais e acordaron, de xeito unánime, iniciar a tramitación administrativa para que nun Pleno Extraordinario se recoñeza a Eliseo Alonso Rodríguez como Fillo Adoptivo da Guarda, máxima distinción que outorga o Regulamento de Honras e Distincións a unha persoa non nacida na localidade.

Os actos a realizar están previstos que coincidan co XXV aniversario do pasamento de Eliseo Alonso, e contarán coa participación das autoridades municipais e a cidadanía de A Guarda.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies