spot_img
InicioVal MiñorNigránColocan 50 pictogramas no Pazo Pías de Nigrán para facelo máis accesible

Colocan 50 pictogramas no Pazo Pías de Nigrán para facelo máis accesible

Colocan 50 pictogramas no Pazo Pías de Nigrán para facelo máis accesible O Pazo Pías de San Pedro da Ramallosa en Nigrán é desde esta semana máis accesible para todos os peregrinos e peregrinas que realizan o Camiño Portugués da Costa, un dos itinerarios máis escollidos para chegar a Santiago de Compostela.

Facer esta ruta máis accesible desde o punto de vista cognitivo é un dos obxectivos do proxecto ‘Xacobeo Autismo. Un Camiño de todos’, unha iniciativa promovida pola Fundación Menela que se enmarca dentro do programa O teu Xacobeo e que conta coa colaboración do Concello de Nigrán mediante a subvención directa de 4.000 €.

A iniciativa forma parte do proxecto ‘Xacobeo-Autismo. Un Camiño de todos’ no que o Concello colabora con 4.000 €

Baixo este obxectivo de construír unha sociedade máis igualitaria para todas as persoas, representantes e usuarios de Menela, xunto co alcalde de Nigrán e a concelleira de Servizos Sociais, colocaron nas estancias do albergue Pazo Pías preto de 50 pictogramas, uns apoios visuais que facilitan a comprensión do entorno a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e outras dificultades de comunicación. Lugares como a capela, a sala de reunións, os baños, a recepción, as habitacións, o comedor… teñen desde hoxe cadanseu pictograma.

O Centro Castro Navás realizou 50 pictogramas que foron colocaron hnas distintas estancias do albergue

“Adoitamos dicir que as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo son pensadoras visuais, polo que os apoios e adaptacións do entorno deben basearse nestas claves que o dotan de maior significado e melloran a comunicación”, explican desde a Fundación Menela, entidade de referencia para a atención de persoas con este trastorno. De feito, destacan que o uso de pictogramas non so beneficia as persoas con TEA, senón tamén as persoas con discapacidade intelectual, maiores, persoas que non saben ler e escribir, ou aquelas que descoñecen o noso idioma. En todos os casos, a comprensión facilitada do entorno as fai máis capaces e lles achega seguridade e autonomía.

“Xacobeo Autismo. Un Camiño de todos’, é unha iniciativa promovida pola Fundación Menela que se enmarca dentro do programa O teu Xacobeo e que conta coa colaboración do Concello de Nigrán

“Desde o Concello estamos plenamente concienciados coas necesidades especias das persoas con trastorno do espectro autista. Un Camiño e un municipio accesible desde o punto de vista cognitivo é tamén parte do noso programa ‘Un Nigrán para Todos’, no que ademais participa a Fundación Menela xunto con outras entidades”, incidíu o alcalde, Juan González, quen destaca que a propia casa consistorial foi dotada na reforma de 2016 de pictogramas para facilitar a identificación de cada departamento.

A iniciativa ‘Xacobeo Autismo. Un Camiño de todos’ deste ano 2021 permitíu tamén que un grupo de 20 persoas con TEA do Centro de adultos Castro Navás compartise a experiencia do Camiño Portugués da Costa desde Nigrán ata Pontevedra (no 2019 foi desde A Guarda ata Nigrán e o obxectivo é que no 2022 alcancen Santiago de Compostela).

Colocan 50 pictogramas no Pazo Pías de Nigrán para facelo máis accesible

- Publicidade -spot_img