Inicio Pontevedra Unha aplicación ideada por un equipo da Escola de Telecomunicacións de Vigo,...

Unha aplicación ideada por un equipo da Escola de Telecomunicacións de Vigo, distinguido co ‘Galileo Masters’

O ‘Galileo Masters’ patrocinado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo distingue como mellor proxecto rexional a unha aplicación ideada por un equipo da Escola de telecomunicacións de Vigo

Nunha cerimonia celebrada onte á noite no Círculo de Belas Artes de Madrid, Teresa Pedrosa participou na entrega do premio ao gañador rexional do concurso que anualmente convoca a Agencia Espacial Europea (ESA), o Centro Aeroespacial Alemán (DLR) e o Ministerio alemán de Transporte e Infraestructuras Digitales (BMVI) a un proxecto presentado por un docente e un investigador da escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. A idea de negocio que resultou gañadora consiste nun sistema para axudar a aterrar drons en circunstancias desfavorables. Dentro da súa política de apoio ao desenvolvemento en Galicia do sector aeronáutico, o Consorcio da Zona Franca de Vigo é o socio principal para Galicia deste concurso europeo que traballa para potenciar o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite.

O proxecto titulado GNSS assisted drone landing system recibirá agora un ano de incubación nun dos parques empresariais do Consorcio da Zona Franca de Vigo, que inclúe a asistencia no desenvolvemento do produto, acceso a expertos, estudos de mercado e orientación económica. A idea de negocio do equipo formado por Manuel García Sánchez e Daniel Gómez Pérez, ambos da escola de enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, consiste nun sistema que axudará a aterrar un avión non tripulado con exactitude e precisión en condicións extremas: nunha plataforma flotante pequena, como un barco no mar; ou en condicións de baixa visibilidade, de noite ou en presenza de néboa ou fume. Sobre iso, a intención dos promotores é desenvolver un produto totalmente comercial para que estea no mercado a finais de 2018. O sistema utilizará os sinais transmitidos desde os satélites de navegación GNSS para medir a distancia e a velocidade relativa desde o avión non tripulado ao momento de aterraxe e este efectuaríase de forma totalmente autónoma sen necesidade de sistemas de axuda adicionais.

O Concurso Europeo de Navegación por Satélite (European Satellite Navigation Competition ? ESNC) é un concurso internacional de innovación que premia as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite. Anualmente busca os mellores servizos, produtos e innovacións que utilicen a navegación por satélite na vida cotiá. Na cerimonia de onte, celebrada por primeira vez fóra de Alemaña, tamén se entregaron os premios ao resto dos gañadores rexionais, ao gañador absoluto e as distincións aos premios especiais do xurado.

Dentro da súa política de apoio ao desenvolvemento en Galicia do sector aeronáutico, o Consorcio da Zona Franca de Vigo é o socio principal deste concurso europeo que traballa para potenciar o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite e cuxa entrega de premios é a primeira vez que non se celebra en Alemaña. Este ano a Xunta sumouse aos premios patrocinando un dos premios especiais á mellor idea relacionada con UAVs ao que se presentaron 65 ideas da que resultou gañadora o proxecto Canard que consiste nun sistema de axuda á seguridade dos aeroportos mediante o uso de drons.

Galileo Masters naceu en 2004 como un foro de coñecemento para o desenvolvemento de aplicacións específicas de mellora da navegación por satélite. Actualmente, o concurso converteuse nunha rede mundial de innovación e creación, con 21 rexións asociadas e máis de 300 expertos industriais e científicos de todo o mundo. Anualmente preséntanse da orde de 500 ideas a cada edición e conta cunhas 270 empresas do sector aeroespacial como socios. De todas as ideas presentadas, unhas 6.000     aproximadamente, o 70 por cento se incuba na maior rede de viveiros europea dedicada ao sector GNSS e un 30 por cento acaba xerando unha pequena empresa do sector aeroespacial. En Galicia, o socio principal da competición é o Consorcio da Zona Franca de Vigo en colaboración coa Universidade de Vigo, a Axencia Galega de Innovación, a empresa Marine Instruments e os centros de investigación AtlantTIC e Campus do Mar.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies