Inicio Alto Minho Un tren turístico une a Fortaleza de Valença e o casco urbano...

Un tren turístico une a Fortaleza de Valença e o casco urbano de Tui

un-tren-turistico-une-a-fortaleza-de-valenca-e-o-casco-urbano-de-tui

A Eurocidade Tui-Valença volve estar unida este verán por un tren turístico que realiza a diario seis viaxes, tres pola mañá e tres pola tarde, entre a Fortaleza de Valença e a Praza da Inmaculada de Tui. 

Nunha hora aproximada de percorrido os viaxeiros teñen a oportunidade de percorrer as rúas da Fortaleza de Valença – dende onde sae ás horas en punto, atravesar a vella Ponte Internacional, e subir pola Avenida de Portugal, Martínez Padín, e Augusto González Besada ata o céntrico Paseo da Corredoira en Tui.

O punto de saída do tren en Tui é a Praza da Inmaculada pola mañá ás 11.30h, 12.30h e 13.30h e pola tarde ás 16.30h, 17.30h e 18.30h.  O prezo da viaxe de ida e volta é de 3€ existindo descontos para nenos e grupos. Esta proposta turística que  xa o ano pasado contou cunha gran acollida.

Dende a concellería de Turismo de Tui, segundo explica o seu responsable Laureano Alonso, estase a estudar a posibilidade de que o tren circule polo conxunto histórico pasando pola rúa Cuenca, e que incluso poida ir ata a Igrexa de San Bartolomeu, coincidindo coas visitas guiadas que se farán a este templo.

Por outra parte no ámbito turístico cómpre lembrar que proseguen as visitas guiadas gratuítas ao conxunto histórico. Pola mañá ás 12.30h de luns a venres, e ás 13h os sábados, domingo e festivos, realízanse ao Tui Xudeu coa particularidade de que este ano por vez primeira pódese visitar o único patio xudeu que se conserva en Galicia – o patio de Salomón- . Polas tardes ás 20h de luns a domingo faise un percorrido polo Tui medieval. Saen da Praza da Inmaculada.

A Oficina Municipal de Información Turística, situada na Praza de San Fernando, achega información aos visitantes e peregrinos sobre estas dúas actividades pero tamén sobre os atractivos da cidade, os lugares a visitar, onde comer ou aloxarse, así coma sobre o Camiño Portugués a Santiago, entre outros. O pasado mes de xuño 4.930 persoas, das que o 70% eran estranxeiros, demandaron información nesta oficina. Portugal, Alemaña, Reino Unido, Italia e Francia foron os países dos que maioritariamente chegaron en xuño os turistas a Tui, mentres que entre os nacionais Pais Vascos, Cantabria, Cataluña e Andalucía foron as principais comunidades de orixe. Esta oficina abre de luns a domingo de 9 a 14 e de 15 a 19h. De luns a venres – salvo festivos – vese reforzada polo Punto de Información Turística, na praza da Inmaculada, que atende de 9.30h a 14.30h.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies