spot_img
InicioGaliciaUn total de 66 carteis presentáronse ao concurso de cartelismo Terras Gauda-Turismo...

Un total de 66 carteis presentáronse ao concurso de cartelismo Terras Gauda-Turismo de Galicia

Un total de 66 carteis presentáronse ao concurso de cartelismo Terras Gauda-Turismo de Galicia
Na imaxe, Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, que encabezou a reunión do xurado, na que participaron Marcelo Ghio, director de Experimenta, Santiago Bacariza, de Turismo de Galicia, e Javier Mariscal, de forma telemática.

Este concurso é froito da colaboración entre Turismo de Galicia e a Bodega Terras Gauda para deseñar a imaxe publicitaria das Xornadas das Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia

Revista COUSAS DE Nº13

As deseñadoras Marina Mun (Kazakhstan) e Maria Nolepa (Polonia) son as autoras das pezas gráficas gañadoras do concurso de cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón. Un total de 66 propostas que recibiu o xurado do concurso levado a cabo gracias á colaboración entre Turismo de Galicia e a Bodega Terras Gauda para deseñar a imaxe publicitaria das Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia para os dous vindeiros anos.

Os participantes deste certame foron os finalistas e premiados da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón, que neste 2022 celebrou a súa 15 edición e erixiuse como un dos certames de deseño gráfico máis relevante do eido internacional. Nel participaron de máis de 17.000 carteis chegados dende máis de 100 países, como Bulgaria, Kazajistán, Rumanía, Italia, Estonia, Austria, Irán, Rusia, Polonia, Eslovenia, Portugal, Finlandia y Francia, entre outros.

O xurado, presidido por Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, e do que formaron parte os deseñadores Javier Mariscal, e Marcelo Ghio, director de Experimenta, ademais de Santiago Bacariza, xefe de Área de Produto de Turismo de Galicia, designou os carteis premiados, cunha dotación económica de 5.000 € cada un.

As Xornadas de Portas Aberta das Ruta dos Viños de Galicia é unha iniciativa anual levada a cabo por Turismo de Galicia en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños galegos: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras, coa finalidade de promover e contribuír o desenvolvemento turístico das zonas vitivinícolas galegas.

A derradeira edición celebrouse entre maio e xuño de este ano con gran éxito de público e variedade de actividades, que incluíron concertos, maridaxes, menús especiais e catas en adegas.

- Publicidade -spot_img