spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda e Póvoa de Varzim xa son cidades irmandadas

A Guarda e Póvoa de Varzim xa son cidades irmandadas

A Guarda e Póvoa de Varzim xa son cidades irmandadasO Concello da Guarda iniciou en xuño os trámites para formalizar o Irmanamento entre as vilas mariñeiras da Guarda e de Póvoa de Varzim(Portugal), coa creación dunha Comisión integrada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba,  un representante de cada un dos grupos municipais e o representante da asociación O Piueiro, Tomás Núñez González.

Revista COUSAS DE Nº13

O Irmanamento fíxose efectivo no día de onte, 29 de xuño de 2022, cando unha comitiva municipal, encabezada polo Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, se desprazou ata a cidade portuguesa, convidados polo Presidente da Camara Municipal de Póvoa de Varzim, Aires Henrique do Couto Pereira, participando en diferentes actos das Festas de S. Pedro e procedendo tamén á sinatura da “Minuta de Acordo de Germinaçao”, o documento polo que as súas vilas quedan deste xeito irmandadas.

Este Irmanamento comezou a súa andadura no 2020, cunha proposta da asociación O Piueiro de creación dunha comisión organizadora, posteriormente so equipo de goberno da Guarda se puxo en contacto con representantes  da Cámara de Póvoa de varzim para manifestar de maneira explícita a vontade de Irmanamento pero debido  á pandemia do Covid houbo que retrasar  a súa celebración ata o 2022.

O Alcalde da Guarda manifestou ante os presentes neste acto de sinatura a súa ledicia e satisfacción por un Irmanamento entre dúas vilas que dende xa hai moitos anos manteñen moitos nexos de unión, sempre vencellados á vida mariñeira, como son as marcas dos pescadores e mariñeiros da Guarda ou as marcas povoeiras. Convidou Antonio Lomba a todos os presentes neste acto a participar os días 23 e 24 de setembro na Guarda nas celebracións das Festas de Santa Trega e no Pleno Extraordinario que terá lugar para ratificar en sesión plenaria este Irmanamento.

A relevancia deste Irmanamento, entre dous pobos cunha intensa relación ao longo dos tempos, permitirá estreitar estes lazos,  incrementar  as relacións culturais, fomentar  un turismo  mutuo entre os cidadáns  de ambas entidades e posibilitará un intercambio de experiencias e de coñecementos entre os responsables  da xestión  municipal  coa finalidade de  propiciar o intercambio  de iniciativas e de mellora en materia dos servizos á cidadanía.

- Publicidade -spot_img