spot_img
InicioVigo e áreaVigoUn total de 35 pinturas forman a exposición pictórica do II Encontro...

Un total de 35 pinturas forman a exposición pictórica do II Encontro de pintores das Illas Atlánticas

Un total de 35 pinturas forman a exposición pictórica do II Encontro de pintores das Illas AtlánticasO éxito desta iniciativa anima aos responsables da Dirección Xeral de Conservación da Natureza a traballar na III edición deste certame

A directora xeral de Conservación da natureza, Verónica Tellado, inaugurou esta mañá a exposición de pintura do II Encontro de pintores das Illas Atlánticas, que está formada por un total de 35 obras. O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, organizou o segundo encontro de pintores invitándoo a plasmar nos lenzos toda a beleza que o Parque Nacional ofrece nos seus catro arquipélagos.

A directora xeral recordou que o obxectivo desta iniciativa é aumentar a sensibilidade da poboación cara aos espazos naturais ao través da arte pictórica, e as obras so un exemplo da beleza e das cores que as catro illas do Parque Nacional aportan á paisaxe de Galicia. Esta mostra de pintura poderase visitar no Edificio Cambón ata o 2 de febreiro e a entrada é de balde.

Tellado Barcia destacou a calidade dos traballos presentados e a variedade formativa dos participantes, xa que entre os autores das obras hai afeccionados á pintura é artistas especializados nos estudos da Natureza e graduados de en Belas Artes. Tamén destacou que a meirande do participantes empregaron como técnica o óleo e o acrílico, aínda que tamén houbo algunha obra na que se empregou a acuarela.

A directora xeral de Conservación da Natureza salientou que o éxito desta iniciativa e o nivel de participación avalan a posta en marcha dunha terceira edición deste encontro, no que a Xunta xa está a traballar.

Segundo ano consecutivo
O II Encontro de Pintores é unha actividade que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración o Parque Nacional Marítimo Terrestres das Illas Atlánticas, co fin de que os participantes reflictan nas súas creacións as paisaxes dos catro arquipélagos que forman o parque.

Este certame de pintura celebrouse en setembro de 2014 e tivo lugar nas illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, participaron un máximo de 10 persoas por illote.

Os participantes pasaron a xornada pintando nestes enclaves naturais, facendo entrega das súas obras ao remate da xornada, cuxo punto final foi u coloquio no que compartiron experiencias e achegar suxestións sobre esta xuntanza.

O obxecto deste encontro é amosar, a través das pinturas, a riqueza natural, tanto en flora como en fauna, das illas que integran o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ademais, este tipo de actividades pretenden concienciar aos cidadáns da importancia de coidar e respectar o medio ambiente co fin de conservar axeitadamente contornas naturais como estes arquipélagos.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.