spot_img
InicioVal MiñorBaionaViolencia de xénero e o novo contexto dixital

Violencia de xénero e o novo contexto dixital

Violencia-xénero-novo-contexto-dixital-Pantallas-Amigas-BaionaOs centros educativos de educación primaria de Baiona, acollerán este venres 30 de xaneiro o taller “Violencia de Xénero e o novo contexto dixital”.

Trátase de talleres educativos para nenos e nenas centrados no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital (ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión).

Teñen como obxectivo ensinar aos e as menores o adecuado manexo das redes sociais, a súa finalidade e as repercusións que poden ter determinados comportamentos de risco, e que se denomina ‘Violencia de xénero e o novo contexto dixital’. Potenciar o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, co fin de evitar os posibles riscos por razón de xénero, e na procura da prevención da violencia sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital, é necesario na actualidade, porque os e as menores poden ter unha percepción do risco máis baixa na hora de compartir os perigos que ten difundir determinadas fotografías ou vídeos a través de internet e das redes sociais.

É necesario deixar de considerar os nenos e nenas preadolescentes como vítimas pasivas dos riscos da Rede e tomalos como elementos activos, dándolle a formación necesaria.

Esta actividade organizada pola Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona a través do Centro Municipal de Información á Muller, ten como destinatarios/as o alumnado de quinto e sexto curso de educación primaria. Desenvolverase o venres 30 no CEIP de Belesar desde as 8:50 ás 9:50 horas, no CEP de Sabarís desde as 10:15 ás 11:15 horas e no CEIP de Fontes desde as 12:00 a 13:00 horas.

O alumnado de sexto curso de primaria do CPI Covaterreña participará na actividade no CEP de Sabarís.

A actividade, será impartida por “Pantallas amigas”, entidade cunha dilatada experiencia neste tema, e enmárcase no Acordo de Colaboración asinado entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias, a través do o cal se pon en marcha diversas actuacións enmarcadas na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero da que forma parte o Concello de Baiona.

Os datos mostran a importancia e transcendencia do tema: Segundo datos do Ministerio do Interior, 2 de cada 3 menores en España teñen perfil nas redes sociais, e o 60% deles se conecta diariamente a internet. Case un 30 por cento de nenas e nenos menores de 10 anos posúen un teléfono móbil, porcentaxe que sobe até o 83 por cento en mozos e mozas menores de 14 anos. Internet é un excelente medio de información e comunicación ao que non podemos nin debemos renunciar pero tampouco podemos permanecer de costas dos riscos que leva un mal uso das novas tecnoloxías

- Publicidade -spot_img