Inicio Vigo e área Vigo Un total de 226 deportistas da provincia foron os protagonistas da Gala...

Un total de 226 deportistas da provincia foron os protagonistas da Gala do Deporte da Deputación de Pontevedra

Un total de 226 deportistas da provincia foron os protagonistas da Gala do Deporte da Deputación de Pontevedra Carmela Silva anunciou o novo paso da  Deputación que completa a equiparación económica nas axudas aos clubs femininos de elite da provincia para igualalas coas do deporte masculino 

Un total de 226 deportistas da provincia foron esta tarde os e as protagonistas da Gala do Deporte da Deputación de Pontevedra que rendeu homenaxe “á súa excelencia e ao seu talento” no evento celebrado no Auditorio Mar de Vigo, organizado coas medidas de seguridade e co aforo establecido no protocolo Covid19.

A Gala, que contou coa presenza da presidenta provincial Carmela Silva e do alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi conducida polo xornalista Terio Carrera e a deportista de esgrima adaptada Judith Rodríguez, e concitou a presenza de boa parte das e dos 226 deportistas integrados este ano na marca provincial de alto nivel da Deputación, DepoDan e DepoPromesa, así como das súas familias. No evento proxectouse o vídeo da gala do ano pasado, “Deporte da provincia contigo”, e o audiovisual das e dos deportistas realizado para Fitur. Amais, a gala tamén contou coas actuacións de Marta (voz) e Martín (guitarra) do grupo vigués Tinta, gañador do concurso musical Vigo en Vivo.

Na súa intervención, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, fixo un “emocionado recoñecemento” ás mulleres e homes do deporte da provincia, que tantos éxitos nos están a dar e que simbolizan de forma tan clara que o deporte, como dicimos na Deputación, é a revolución do século XXI”. A presidenta provincial felicitou expresamente ás 226 persoas que ostentan a marca DepoDan e DepoPromesa, “43 máis que o ano pasado”, e especialmente ás súas familias “porque todas e todos os que temos un deportista de elite na casa sabemos dos desvelos, dos sacrificios e das renuncias que iso supón”.

Carmela Silva tamén tivo especial referencia ás 91 mulleres que figuran na marca de excelencia da Deputación. “Sodes xa o 39% do deporte de alto nivel da provincia e o 43% das novas promesas e estou convencida que o ano que ven aínda seremos máis”. Neste sentido, a presidenta anunciou que a Deputación de Pontevedra vai completar a total equiparación económica entre o deporte feminino e masculino, corrixindo a única disfunción que había cos clubs de elite femininos de balonmán que, agora, recibirán as mesmas contías que os masculinos. “Non hai marcha atrás, dixo Carmela Silva. Desde que chegamos á Deputación temos claro que a igualdade é e seguirá sendo unha bandeira para esta institución e o deporte non podía quedar fora dunha prioridade que é fundamental para nós”. De feito, a Deputación aplica o principio da igualdade en todos os programas deportivos de actividades, e establece a equiparación económica en competicións como a Copa Deputación, amais de impulsar unha Gala específica para o Deporte Feminino. En canto a liñas de axudas como as subvencións do ámbito deportivo, establécese un criterio de valoración co que se puntúa o número de licencias femininas e as actividades de participación de mulleres.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies